Información importante sobre cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continuas navegando, consideramos que aceptas su uso. OK | Más información

900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Quen somos

Presentación

Na Fundación Laboral de la Construción traballamos desde 1992 para facilitar a empresas e traballadores os recursos que fagan posible un sector máis profesional, seguro, capacitado e con futuro. Un sector que hoxe traballa máis unido e conectado entre si ca nunca, coa sociedade e co resto de sectores, para afrontar o reto dos novos tempos.

Este é o fin polo que se uniron a Confederación Nacional de la Construción (CNC) , CCOO de Construcción y Servicios e Federación de Industria, Construcción y Agro (UGT-FICA), formando esta entidade paritaria sen ánimo de lucro.

Como resultado de anos de dedicación e esforzo, e grazas ao apoio de moitos profesionais, a Fundación é xa unha entidade de referencia no sector e un aliado chave para traballar por e para o futuro de empresas e profesionais.

Con máis experiencia e coñecemento ao noso alcance, traballamos para lograr que a prevención de riscos laborais, a formación, a innovación, a sustentabilidade e as novas tecnoloxías nos axuden a seguir construíndo ese sector de progreso que todos cremos posible.

As decenas de miles de traballadores da construción que cada ano pasan polas aulas da Fundación Laboral son a mellor proba do noso esforzo, que demostramos acotío a través dos nosos 45 centros de formación propios, unha oferta composta por máis de 400 accións formativas, a colaboración de máis de 1.500 profesores en toda España e a elaboración de máis de 100 manuais propios sobre diferentes materias do sector.

Traballar para construír un mundo mellor é o noso reto e o de cada unha das persoas que integramos a Fundación Laboral da Construción, a través dos 17 Consellos Territoriais distribuídos por toda España para estarmos máis preto de ti.

Ver presentación en pdf

Organigrama

  • Presidente :

    Eligio Nieto Lama (CNC)

  • Vicepresidente :

    Sergio López Rivera (CCOO Construcción y Servicios)

    Javier Carreiro Vázquez (UGT-FICA)

  • Secretario :

    Diego Vázquez Reino (CNC)

  • Gerente :

    Fernando García Novo

Sede Territoriais Galicia

Código de conducta

A Fundación Laboral da Construción está comprometida cos máis altos estándares éticos e, consonte os principios de transparencia, honestidade e integridade, réxese por un Código de Conduta. Así mesmo, publica nesta Web a información económica sobre subvencións, convenios e contratos coas Administracións Públicas, en cumprimento do estabelecido na Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Dispón tamén dun Canal de denuncias para comunicar de xeito anónimo calquera acto que puidera supor un incumprimento do Código de Conduta.