Información importante sobre cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continuas navegando, consideramos que aceptas su uso. OK | Más información

900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Sistema Integrado de xestión

A Fundación Laboral da Construción é plenamente consciente de que, na actualidade, as circunstancias que nos rodean e nas que nos desenvolvemos implican seguirmos mellorando decote en todo o que facemos.

Por iso levamos a cabo actividades, elaboramos produtos e prestamos servizos que poidan dar resposta e satisfagan as necesidades de empresas e traballadores do sector da construción e que, á súa vez, sexan respectuosas co medio e non poñan en risco as persoas implicadas na súa realización. Todo iso mantendo altos estándares éticos, consonte os principios de transparencia, honestidade e integridade.

Estes termos reflíctense na Política do Sistema Integrado de Xestión.

Fundación Laboral da Construción dispón dun sistema integrado de xestión en todos os seus centros de traballo, baseado nas normas ISO 9001, ISO 14001 e OHSAS 18001. Traballar do mesmo xeito é fundamental para acadarmos altas cotas de eficiencia.
Como evidencia e garantía do seu Sistema Integrado de Xestión, a Fundación Laboral da Construción conta con Certificados emitidos por entidades acreditadas.

  • O sistema de xestión de calidade, co nº ER-0753/2003, aplicable á xestión dos diferentes produtos e servizos que presta, que se foi renovando ata os nosos días.
  • O sistema de xestión ambiental, co nº GA-2011/0591 para diferentes centros, previndo e minimizando os danos ao medio que puideren producirse pola actividade realizada.
  • O sistema de xestión de seguridade e saúde no traballo, co nº 24469016 , de maneira que todos os centros de traballo dispoñan dunhas condicións de traballo seguras para os nosos traballadores, docentes e alumnos.

Ademais, o compromiso da Fundación Laboral da Construción coa procura da excelencia fixo que se inicie unha liña de traballo encamiñada a acadar a calidade total, baseada no modelo de excelencia da Fundación Europea para a Xestión da Calidade (European Foundation for Quality Management- EFQM).