Información importante sobre cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continuas navegando, consideramos que aceptas su uso. OK | Más información

900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Centro de Santiago de Compostela (Coruña)

Descrición

Horario de Atención ao Público: 
Mañás:
08:00 - 15:00 Tardes:16:30 - 19:00 / Verán (xullo e agosto): 08:00 - 15:00
*Consultar semanalmente có centro a apertura en venres tarde e sábado mañá (aberto en función da formación programada)

 

A sede do Consello Territorial de Galicia trasladouse o 10/07/2017 ás novas instalacións: unha antiga Curtidoría, rehabilitada ao completo. A súa ubicación, no Concello de Santiago, permite dotar á cidade dun moderno centro especializado na área da Rehabilitación.

O centro está situado na antiga curtiduría de Pontepedriña de Arriba (O Avío), ás beiras do Sarela. Trátase dunha vella fábrica de curtidos que data do século XVIII e que conta cun terreo adxacente, que suma, xunto ao edificio, un total de 23.000 metros cadrados. As obras de rehabilitación conservaron a tipoloxía construtiva da zona, adaptando a fábrica de curtidos aos novos usos que ten como centro de formación. Este centro é o primeiro en España adicado de xeito específico á formación especializada e á reciclaxe laboral de traballadores e empresas da construción, na área da rehabilitación. Formando cada ano a máis de 2.000 profesionais, e entre eles, a uns 300 en diferentes especialidades como a madeira, a cantería, fórxa ou o metal. 

Nestas instalacións atópase a Sede do Consello Territorial de Galicia, incluíndo: o centro de formación da área de Santiago e os departamentos de Formación, Seguridade e Saúde e Administración de Galicia. É aquí onde se planifica e coordina a formación impartida en toda Galicia e os servizos relacionados cá área de Seguridade e Saúde ou o Emprego. Os servizos en detalle do centro son:

  • Centro de Formación
  • Punto de Tramitación da TPC
  • Centro de Asesoramento en Materia de Prevención
  • Centro de Orientación Laboral
  • Axencia de Colocación

O emprazamento, que ten, ademais do citado valor arquitectónico, un gran valor etnográfico, polo seu singular enclave e encanto da súa contorna. É un centro pionero pola súa especialización en formación de rehabilitación, tanto de patrimonio histórico, como de edificación residencial actual, onde os traballadores da construción poderán cualificarse nas técnicas e nos materiais construtivos máis vanguardistas.

Sobre unha parcela de 23.000 m2, o centro conta cunha superficie construída de 4.700 m2, dos cales 2.900 m2 proceden da rehabilitación de edificaciones existentes, e 1.800 m2, de edificaciones de nova pranta.

As instalacións compóñense de tres zoas principais: Edificio A, que corresponde á Zona Administrativa; Edificio B, de Aulas e Talleres (5 aulas e 4 talleres); e o Edificio C, de Aulas Técnicas (3 aulas taller, un taller, unha sala de conferencias e unha sala polivalente).

Estas instalacións están chamadas a ser un recurso estratéxico na loita contra o desemprego, e singularmente na loita contra o desemprego xuvenil en Galicia. O obxectivo do Centro non é só formar traballadores especializados, senón que, ademáis, deberá estimular a algúns deles para que asuman o reto de converterse en pequenos empresarios especializados, capaces de multiplicar a oferta de traballo ao servizo da recuperación do extraordinario patrimonio histórico de Santiago de Compostela e de Galicia. Polo centro prevese que pasen cada ano máis de 2.000 profesionais para formarse, unha parte importante deles, en diferentes especialidades como a madeira, a cantería, fórxa ou o metal.