900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Centro de Arteixo (Coruña)

Descrición

Horario de Atención ao Público:
De luns a Venres: 08:00 - 15:00 horas.

 

No ano 1994 comeza a andadura do Centro de Formación de Arteixo, que se traslada á súa ubicación actual en 1996. Trátase dunha nave situada no Polígono Empresarial de Sabón, enclave de fácil acceso e con boas comunicacións por estrada. O Centro está situado nunha nave con terreo anexo, permitindo o desenvolvemento de accións formativas que necesiten instalacións máis complexas e inclúe un centro de Prácticas preventivas.

 

As instalacións de Arteixo contan con 8 aulas coa distribución e instalacións para ser empregadas como aulas teóricas ou informáticas, Oficinas para Administración e os servizos de orientación e axencia de colocación, vestiarios, 5 Talleres de Formación Práctica adicados cada un a distintos oficios (electricidade, encofrado, fontanería,..), 2 Superficies exteriores de Prácticas (2.240 m2 e 4.500 m2), destinadas á formación de maquinaria, un Campo de Guindastre Torre e Guindastre Automontante e un Centro de Prácticas Preventivas. 

 

Dende Arteixo coordínase a actividade formativa da provincia de A Coruña, sendo o Centro con maior número de alumnos/as formados/as nesta provincia cada ano. Ademais, dispón de distintas certificacións e acreditacións dependentes da Xunta de Galicia, como a de Coordinador de Seguridade e Saúde ou a de Operador de Guindastre Torre. Tamén é Centro de Formación de Condutores en Cualificación Inicial de Mercancías e Viaxeiros e en Formación Continua.