900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A compravenda de vivenda caeu en Galicia un 9,5% en novembro de 2023 á vez que os prezos se disparaban un 30,9%

Son os datos rexistrados polo Centro de Información Estatística do Notariado, que destaca que foi o incremento máis alto de todas as comunidades autónomas

New Galicia

A compravenda de vivendas caeu en Galicia un 9,5% en novembro en relación ao mesmo mes do ano 2022, á vez que os prezos se disparaban un 30,9%, segundo recolle o Centro de Información Estatística do Notariado. Trátase do incremento máis elevado de todas as comunidades autónomas, que no seu conxunto rexistraron unha baixada media do custo do metro cadrado do 2%, segundo indican os notarios.

A caída do 9,5% na compravenda de vivendas prodúcese nun contexto de caída xeralizada en toda España. De feito, en novembro de 2023, esta situación afectou a 13 das 17 comunidades autónomas, cunha reducción media do 7,5%. No penúltimo mes do ano pasado, realizáronse 2.044 compravendas de vivendas en Galicia, distribuídas en 1.465 pisos e 579 vivendas unifamiliares.

Os pisos experimentaron subidas do 41,8% en Galicia

As compravendas de pisos diminuiron un 9,3% interanual, fronte a unha caída do 6,4% en España mentres que as unifamiliares baixaron un 10,1% en Galicia e un 10,9% no conxunto do Estado.

O prezo medio por metro cadrado en Galicia situouse en 1.235 euros, un incremento do 30,9% debido ao incremento experimentado polos pisos que, cunha subida do 41,8% se pagaron a un promedio de 1.726 euros por metro cadrado.

Ao contrario, o custo das vivendas unifamiliares baixou un 5,5% ata situarse en 624 euros por metro cadrado. Neste sentido, a caída media estatal nos dous tipos de vivenda foi do 2,1% e do 2,4%, respectivamente. 

Os préstamos reducíronse un 15% interanual

Moi vencellada á evolución de compravendas e prezos, está a cifra dos préstamos hipotecarios para adquisición de vivenda que tamén rexistrou unha baixada dun 15,5% interanual en Galicia e do 17,7% en España. En novembro de 2023 concedéronse en Galicia 978 préstamos hipotecarios cos que se financiaron o 41,5% das compravendas na comunidade autónoma. A contía media dos préstamos en Galicia situouse nos 107.022 euros, o cal representa unha baixada do 5,5% e supuxo de promedio o 71,8% do prezo do inmoble. 

 

Consulta máis datos na web do Consejo General do Notariado.

 

Subscribe free to our weekly newsletters .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

For not receive the newsletter you can unsubscribe HERE