100 persoas desempregadas participarán no novo Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción
A formación a desenvolver durante o programa terá relación co sector da construción, unha industria con gran expansión e alta demanda de man de obra en Galicia e nas comarcas de A Coruña, Santiago, Lugo e Vigo.
A Consellería de Emprego e Igualdade vén de concederlle á Fundación Laboral de la Construcción a posta en marcha dun Programa Integrado de Emprego de Galicia, que conta co financiamento da Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE).
As actividades realizaranse nos Centros que a Fundación Laboral de la Construcción ten nos concellos de Arteixo, Santiago, Lugo e Vigo.
Concretamente, búscase incorporar persoas desempregadas dos seguintes colectivos:
- Menores de 30 anos con baixa cualificación:40 prazas.
- Menores de 30 anos cualificados: 30 prazas.
- Perceptores de prestación: 30 prazas.
A formación a desenvolver durante o programa estará baseada no Catalogo de Especialidades Formativas do SEPE e terá relación co sector da construción, un sector de gran expansión e con alta demanda de traballadores en Galicia e nas comarcas de A Coruña, Santiago, Lugo e Vigo.
Un exemplo da formación a impartir é:
- Montaxe de estadas apoiadas.
- Execución de paredes de ladrillo con revestimentos de placa de xeso.
- Colocador de revestimentos continuos en fachadas: morteiros monocapa e sistemas bicapa.
- Colocador de Sistemas de Illamento Térmico polo Exterior (SATE): aplicación de morteiro térmico illante.
- Colocador de Sistemas de Illamento Térmico polo Exterior (SATE): opcións de illamento e acabado.
- Nivel básico de prevención en construción.
- PRL de Albanelería.
- Operacións con Plataformas Elevadoras Móbiles de Persoal (PEMP). Categorías 3A e 3B.
- Prevención en traballos en altura.
- Instalación de fachadas ventiladas.
- Formigón para non técnicos
- Solador e pavimentador de pezas cerámicas de gran formato mediante adhesión.
- Pavimentos decorativos.
Bolsas e medidas de conciliación
Ademais cada participante terá á súa disposición un servizo de orientación laboral e realizaranse accións de prospección de emprego e intermediación con empresas.
Como apoio e favorecer a asistencia a accións, dispoñerase dunha bolsa de asistencia de 7€/día e medidas de conciliación.
Máis dun 60% de inserción na pasada edición
A finalidade deste tipo de programas é contribuír á dinamización do mercado laboral, implementando estratexias e accións conducentes a incrementar a empregabilidade e acadar a inserción laboral das persoas en busca activa de emprego. O obxectivo de inserción é do 45%.
Na pasada edición realizáronse máis de 1.000 horas de formación, dispoñendo de varios certificados de profesionalidade e máis dun 60% das persoas participantes acadaron a inserción.
Para inscribirse, pode contactar no correo electrónico pie.galicia@fundacionlaboral.org deixando datos de contacto e localidade de residencia.