900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción ofrece 1.300 prazas de formación en Galicia para mellorar a cualificación profesional do sector

A entidade paritaria impartirá nos seus seis Centros de Galicia un total de 28 accións formativas, de carácter non formal, financiadas pola Unión Europea-Next GenerationEU, e promovidas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España

Noticia Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia acaba de asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a realización de 28 accións formativas, de carácter non formal, dirixidas á “cualificación e recualificación da poboación activa no sector da construción que se axusten ás necesidades máis inmediatas de formación do capital humano das empresas que integran o sector e que permita a actualización das competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e empresarial da construción”.

Dirixidas a traballadores/as en activo do sector da construción e/ou desempregados/as coa tarxeta de demanda de emprego en vigor, a entidade paritaria ofrece máis de 1.300 prazas para participar nestas accións formativas, financiadas pola Unión Europea-Next GenerationEU, e promovidas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España

28 accións formativas en construción

As 28 accións formativas, para as que xa está aberta a inscrición, son ‘Colocación de paneis de material illamento polo exterior en SATE, fachadas ventiladas e cubertas’, ‘Colocación de paneis de material illamento polo interior en trasdosados, teitos e chans’, ‘Instalación de carpintería exterior de aluminio e PVC’, ‘Teoría de albanelería de fábricas e cubertas’, ‘Operador de guindastre-torre. Recepción e utilización’, ‘Operador de guindastre-torre. Compoñentes e emprazamento’, ‘Operador de guindastre-torre. Operacións’, ‘Operador de guindastre-torre. Mantemento’, ‘Operacións de guindastre autocargante. Iniciación’, ‘Operacións de guindastre autocargante. Perfeccionamento’, ‘Operacións de máquina retrocargadora. Iniciación’, ‘Operacións de máquina retrocargadora. Perfeccionamento’, ‘Operador de motoniveladora’, ‘Operador de maquinaria de estendido de firmes e pavimentos’,’Operacións de minicargadora-miniexcavadora', ‘Operador de manipulador teléscópico. Perfeccionamento’, ‘Montaxe de andamios apoiados’, ‘Procedementos e técnicas de acceso e posicionamento mediante cordas (traballos verticais). Nivel I’, ‘Nivel básico de prevención de riscos laborais en construción’, ‘Presupostos, medicións e certificacións con Presto’, ‘Modelado básico de BIM en proxectos de edificación con Revit’, ‘Aplicación práctica de BIM en proxectos de edificación con Revit’, ‘Modelado 3D de edificios utilizando tecnoloxías inmersivas e de realidade aumentada para a construción 4.0’, ‘Maquetación de edificios utilizando tecnoloxía aditiva na construción 4.0’, ‘Encargado de obra. funcións, planificación e xestión I’, ‘Encargado de obra. funcións, planificación e xestión II’, ‘Encargado de obra. interpretación documental, replanteos I’ e ‘Encargado de obra. interpretación documental, replanteos II’.

Estas accións formativas, de carácter non formal, están vinculadas a cualificacións profesionais incluídas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Impartiranse presencialmente nos Centros que a Fundacion Laboral de la Construcción ten en Arteixo, Lugo, Narón, Santiago de Compostela, Vilamarín (Ourense) e Vigo a partir deste mes de xullo.

Se estás interesado/a en participar nalgunha das accións formativas, inscríbete a través do noso formulario web ou ponte en contacto directamente cos Centros de Formación:
Centro de Arteixo: mar.paz@fundacionlaboral.org / bfente@fundacionlaboral.org / 981 995 097 
Centro de Narón: lcaneiro@fundacionlaboral.org / aperez@fundacionlaboral.org / 981 980 630 ou 981 980 631
Centro de Lugo: bfernandez@fundacionlaboral.org / 982 750 038 
Centro de Santiago: rcalvo@fundacionlaboral.org / 981 983 536 
Centro de Vigo: pvasconcellos@fundacionlaboral.org / mgracia@fundacionlaboral.org / 986 980 427 ou 986 980 424
Centro de Vilamarín: cvazquez@fundacionlaboral.org / 988 750 707 

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la cláusula de protección de datos del Boletín

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ