Presentación da Campaña "Alerta ISSGA, pode haber amianto"
Terá lugar o vindeiro luns, 11 de xuño, ás 10 da mañá
O vindeiro luns, 11 de xuño, terá lugar a presentación da campaña "Alerta ISSGA, pode haber amianto". Trátase dunha iniciativa do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, que pretende concienciar á poboación dos riscos do amianto, así como das posibilidades que temos de estar convivindo con este material.
O acto dará comezo ás 10:00 da mañá, coa recepción dos participantes; a continuación, terá lugar a presentación, a cargo de Eligio Neto, presidente da Fundación Laboral da Construción e de Covadonga Toca, secretaria xeral de emprego da Xunta de Galicia.
Ás 10:30 levarase a cabo a presentación do documento técnico "Alerta ISSGA, pode haber amianto", a cargo de Lucía Ferrón, xefa da Sección de Higiene Industrial do ISSGA. Nesta presentación coñeceremos o obxectivo e contido deste documento.
Tras esta intervención, María Leivas, técnica da Fundación Laboral da Construción; farase cargo da presentación da formación práctica en prevención, para traballadores con riscos de exposición ao amianto.
O acto terá lugar no centro da Fundación Laboral de la Construcción en Santiago, accede dende aquí ao enderezo completo.
A presentación está aberta a tod@s l@s interesade@s, que poderán acudir, previa inscripción, a través do seguinte formulario: