900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Centro de Vigo (Pontevedra)

Descrición

Horario de Atención ao Público:
De luns a venres: de 08:00 a 15:00 horas. (De 09:00 a 14:00 horas só os meses de xullo e agosto)

 

O Centro de Vigo, do mesmo xeito que os de Ourense e Arteixo, inaugurouse no ano 1994. As súas instalacións ocupan unha nave de 1.350 m2 e unha zona exterior de prácticas de 3.000 m2. Esta zona exterior ten habilitados un simulador de prácticas preventivas e un taller de enerxías renovables

Na nave están dispoñibles 5 aulas teóricas e unha sexta equipada con equipos informáticos. A estas aulas engádense 5 completos talleres equipados para a formación de distintos oficios e outros 5 talleres exteriores, equipados para a formación en oficios: Andamios, Encofrado, Edificación e Obra Civil, Manexo de Maquinaria ou o curso de operador de Guindastre Torre. Para iso, inclúese unha zona de provisión de materiais de construción e de elaboración de morteiros. Ademais ofrécense os servizos habituais: despachos, salas de xuntas, oficinas, vestiarios e almacéns.

 

Grazas ao seu enclave, o Centro de Vigo é xunto, con Arteixo, o de maior actividade de Galicia. Ademais da formación subvencionada, conta cun elevado número de edicións impartidas en empresas da zona, habitualmente con programas deseñados a medida para a empresa solicitante. Algúns exemplos son: a formación en Comercio Exterior, edicións a medida de BIM, ou a optimización do emprego de todo tipo de maquinaria industrial. 

O Centro conta con certificacións e acreditacións dependentes da Xunta de Galicia, como a de Coordinador de Seguridade e Saúde ou a de Operador de Guindastre Torre. Dende o ano 2012 conta coa autorización como Centro de Formación de Condutores en Cualificación Inicial de Mercancías e Viaxeiros e en Formación Continua.