Información importante sobre cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continuas navegando, consideramos que aceptas su uso. OK | Más información

900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Centro de Narón (Coruña)

Descrición

Horario de Atención ao Público:
Luns a Venres: 08:00 - 15:00

O centro de Narón ofrece formación especializada para traballadores e desempregados, ademais de ser punto de tramitación da TPC. A oferta formativa da Fundación Laboral inclúe as modalidades: presenza, distancia e teleformación. Ofertando accións formativas especializadas para traballadores do sector.

A nave distribúese en dúas plantas que contan con 3 aulas, 2 talleres, e espazo para despachos, almacéns e vestiarios. Desde este centro impártese e coórdinase a formación da comarca, dando soporte a multitude de empresas que solicitan formación a medida nas súas instalacións. 

Conta con distintas homologacións para a impartición de certificados de profesionalidade, sendo centro autorizado de Formación de Condutores para impartir formación continua. O carácter industrial desta zona fai que neste centro lévense a cabo convocatorias moi especializadas, como poden ser talleres de Networking para empresas da zona, Talleres de conversación en inglés ou accións formativas desenvolvidas a medida para postos de traballos específicos das empresas da zona.