Dirección
- Urbanización Bellavista nº 35 , 27210 - Lugo (Lugo)
- Tel.: 982 254 578
- Fax: 982 250 584
- Mail: lugo.galicia@fundacionlaboral.org
- lugo.galicia@fundacionlaboral.org
L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00
Horario de Atención ao Público:
Luns a Venres: de 08:00 a 15:00 horas. (De 08:00 a 15:30 horas só os meses de xullo e agosto).
A Fundación Laboral da Construción instalouse en Lugo no ano 2006, a raíz do convenio celebrado coa Fundación San Calixto, unha entidade da que forma parte o concello de Lugo e que foi constituída a principios da década dos 90 para formar a persoas traballadoras do sector. O convenio nace da necesidade de optimizar estas instalacións, contando coa experiencia e recursos da Fundación Laboral.
Desde este Centro distribúense os recursos para dar soporte á provincia, sendo un dos Centros cun maior número de convocatorias de formación subvencionada para traballadores/as en activo ou en situación de desemprego.
O Centro de Lugo conta con distintas certificacións e acreditacións dependentes da Xunta de Galicia, como a de Coordinador de Seguridade e Saúde ou a de Operador de Guindastre Torre. Dende o ano 2012 conta coa autorización como Centro de Formación de Condutores en Cualificación Inicial de Mercancías e Viaxeiros en Formación Continua.
As instalacións de Lugo ocupan ao redor de 4.200 m2 e un terreo anexo que alberga o centro de prácticas preventivas de 5.397 m2. En total conta con 7 talleres de prácticas, 7 aulas teóricas e 2 aulas informáticas, ademais dos servizos do centro: almacéns, vestiarios, oficinas, sala de xuntas e despachos. No terreo anexo atópanse os dous guindastres torres e un amplo espazo para formación práctica de distintas especialidades.