Fundación Laboral de la Construcción de Galicia participa na feira de emprego 'Sinerxias. Empresa, Emprego e Territorio' de Carballo
A entidade paritaria contará cun stand propio e participará na mesa redonda 'Presente e futuro da excelencia empresarial: contornas laborais saudables e sustentabilidade' dentro deste evento, unha iniciativa da asociación de propietarios do polígono de Carballo (A Coruña), que se celebrará o próximo 19 de abril no centro social de Bértoa en horario de 10.00 a 19.00 horas.
A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia participará o vindeiro 19 de abril na feira de emprego 'Sinerxias. Empresa, Emprego e Territorio', unha iniciativa da asociación de propietarios do polígono de Carballo (A Coruña) que terá lugar no centro social de Bértoa en horario de 10.00 a 19.00 horas.
A entidade paritaria contará cun stand propio -07- no que se facilitará aos participantes información sobre a completa oferta de servizos de formación, prevención e emprego de Fundación Laboral.
Ademais, Luis Vázquez, responsable de Seguridade, Saúde Laboral e Emprego de Fundación Laboral de la Construcción en Galicia, abordará as medidas preventivas de seguridade e saúde para reducir a sinistralidade laboral no sector dentro da mesa redonda 'Presente e futuro da excelencia empresarial: contornas laborais saudables e sustentabilidade' que se celebrará na feira a partir das 16:45 horas.
Finalmente, a partir das 19:00 horas, Diego Vázquez Reino, presidente do Consello Territorial de Galicia de Fundación Laboral da Construcción, clausurará a feira xunto a Pablo Rodríguez Gómez, xerente do polígono de Carballo.
Máis de 20 empresas, centros de formacion e administracións locais
Unha vintena de empresas, centros de formación e administracións locais están confirmados para esta feira de emprego que acollerá conferencias sobre empregabilidade e xestión do talento; os plans de formación e capacitación; a acreditación de competencias profesionais na empresa; os retos e oportunidades da vocación industrial da empresa galega ou experiencias de alumnos da FP Dual.