900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Entregados os premios aos gañadores do Concurso de redacción e debuxo da Campaña 'Seguridade e Saúde + Cerca da Escola'

Máis de 550 nen@s de 20 colexios de toda Galicia participaron na edición 2019 que ten por obxectivo concienciar ao alumnado sobre a importancia da seguridade e a saúde na súa vida cotiá.

Nova Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

Máis de 550 nen@s de 20 colexios de toda Galicia participaron na edición 2019 do Concurso de redacción e debuxo da Campaña 'Seguridade e Saúde + Cerca da Escola' que organiza a Fundación Laboral de la Construcción en Galicia. Debido ao Covid-19, a entrega dos premios aos tres gañadores do concurso fíxose de maneira individual, durante as últimas semanas, en cada colexio e nos Centros da Fundación en Galicia. 

O primeiro premio desta edición foi para Asier Bernárdez Porto, de 8 anos, que recibiu unha tablet e o seu diploma no seu colexio, o CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas (Pontevedra).

O segundo premio -consistente nunha bicicleta e nun diploma- recolleuno no noso Centro de Lugo, Alejandro Nicolás Seijas Varela, de 9 anos, alumno do CEIP A Milagrosa.

Finalmente, o terceiro premio foille entregado a Adolfo Fernández Álvarez, de 9 anos, no seu colexio, o CEIP Curros Enríquez de Ourense.

Máis de 550 participantes de 20 colexios

Os gañadores foron elixidos por un xurado formado por membros da Fundación Laboral de la Construcción en Galicia, entre os 550 nenos e nenas de 20 colexios.

Os participantes do concurso realizaron un debuxo relacionado coa seguridade e a saúde dos traballos no sector da construción ou na súa vida cotiá acompañado dunha redacción describindo o debuxo realizado, na que se identificaban os riscos presentes e as medidas preventivas para a súa eliminación.

De outubro a novembro de 2019

Esta acción preventiva levouse a cabo nos meses de outubro a novembro de 2019 e remata agora coa entrega de diplomas e premios aos gañadores. 

A Campaña 'Seguridade e Saúde + Cerca da Escola' forma parte das actividades realizadas polo Organismo Paritario para la Prevención en la Construcción (OPPC), creado para prestar apoio en materia preventiva ás pequenas e medianas empresas do sector e enmarcado no Convenio Xeral do Sector da Construción, ao igual que a Fundación Laboral de la Construcción, con quen comparte os ámbitos territoriais, funcionais e de actuación.

 

Podes ver un vídeo dedicado a este Concurso na canle de YouTube da Fundación Laboral de la Construcción.

Subscríbete de balde ao noso boletín semanal de novas.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para non volver a recibir o boletín, podes darte de baixa aquí