900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A construción é o sector da economía de Galicia que mellor resistiu a crise da Covid-19, cunha caída un 11,21% inferior á media en 2020

Un informe da Fundación Laboral de la Construcción sobre o impacto da pandemia mostra que esta industria aumentou un 2% a súa actividade e un 3,8% as horas efectivas traballadas no terceiro trimestre de 2020

 

Destinar os fondos europeos para a recuperación á rehabilitación de vivendas e manter a inversión en obra pública son indispensables para seguir creando postos de traballo

Nova Galicia

A industria da construción en Galicia resistiu mellor a crise da Covid-19 que a nivel estatal, chegando a incrementar un 2% a súa actividade (horas efectivas traballadas) no terceiro trimestre de 2020. De feito, é o sector da economía galega no que menos caeu a actividade, un 11,21% inferior á media. Así o indica o informe elaborado pola Fundación Laboral de la Construcción a partir da Enquisa de Poboación Activa (EPA) cos datos do tres primeiros trimestres de 2020, e da Enquisa Trimestral de Custo Laboral.

A industria da construción galega atópase nunha “posición magnífica” para actuar como “dinamizadora e impulsora da economía e do mercado laboral galego”. De feito, ao analizar as horas efectivas traballadas no segundo trimestre de 2020, a Fundación Laboral constatou que a súa redución no sector foi do 8,23%, un 12,75% inferior á media a nivel estatal.

A construción é o sector da economía galega no que menos caeu a actividade, un 11,21% inferior á media, e un 7,5% menos que o sector industrial. Unha mostra da súa boa evolución é que as horas efectivas traballadas totais no sector aumentaron en Galicia un 3,8% no terceiro trimestre de 2020, fronte ao descenso do -1,62% a nivel estatal.

A boa evolución do sector a nivel estatal semella reforzarse no cuarto trimestre de 2020, á vista do avance de datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), segundo os cales, o número de ocupados no sector só se reduciu un 0,29% fronte á caída interanual de ocupados do 3,12% no resto dos sectores da economía española. De igual forma, segundo a EPA do cuarto trimestre do pasado ano, a construción en Galicia experimentou un crecemento interanual do 1,34% fronte á caída do 1,28% no resto de sectores, só superado pola agricultura. Porén, aínda non se publicaron os datos do cuarto trimestre de 2020 sobre a Enquisa Trimestral de Custo Laboral para poder analizar as horas efectivas traballadas.

Máis fondos para rehabilitación e obra pública

Aínda que o comportamento da actividade foi “moi positivo” durante a crise sanitaria, o sector ve con preocupación a caída de visados, de ata un 21%, que pode derivar nunha “peor evolución” con respecto á construción de vivienda nova. Por iso, destinar os fondos europeos para a recuperación á renovación do parque de vivendas existente e manter ou incrementar a inversión en obra pública son esenciais para seguir xerando actividade económica e novos postos de traballo.

A industria necesitará en Galicia entre 5.300 e 9.150 novos traballadores en 2021

Para continuar crecendo, a industria da construción necesitará entre 5.300 e 9.150 novos traballadores en Galicia en 2021, segundo datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA). Con todo, a Fundación Laboral de la Construcción considera que este aumento da actividade pode verse afectado pola falta de traballadores cualificados, sobre todo, nos oficios básicos máis demandados na actualidade. Un problema que se acentúa no sector da rehabilitación, motor da actividade hoxe en día, pero que ten dificultades para atopar man de obra cualificada.

Perfís como albaneis, carpinteiros, electricistas, fontaneiros, encofradores, pintores, operadores de maquinaria, montadores de estruturas metálicas -que non se están a repoñer tras as xubilacións- son necesarios para manter o bo nivel de actividade que está a mostrar esta industria. Por iso, a entidade paritaria considera necesario potenciar a formación de traballadores cualificados nestes oficios e, este ano, ten previsto dar a coñecer entre a xente nova as saídas profesionais para traballar nun sector en expansión en Galicia.

 

Subscríbete de balde ao noso boletín semanal de novas.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para non volver a recibir o boletín, podes darte de baixa aquí