900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

100 traballadores desempregados participarán no novo Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción

Os usuarios de Arteixo, Santiago, Vilamarín (Ourense) e Vigo recibirán accións en materia de formación, orientación e intermediación e prospección de Emprego.

Nova Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de concederlle á Fundación Laboral de la Construcción a posta en marcha dun Programa Integrado de Emprego de Galicia, que conta co financiamento da Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal.

A súa finalidade é contribuír á dinamización do mercado laboral, implementando estratexias e accións conducentes a incrementar a empregabilidade e acadar a inserción laboral das persoas en busca activa de emprego. O obxectivo de inserción é do 45%.

 As actividades realizaranse nos Centros que ten a Fundación Laboral de la Construcción nos concellos de Arteixo, Santiago, Vilamarín (Ourense) e Vigo.

Destinatarios:

Menores de 30 anos con baixa cualificación: 40 prazas
Menores de 30 anos cualificados: 30 prazas (cualificados)
Perceptores de prestación: 30 prazas

Accións a desenvolver:

  • Plan de orientación.
  • Accións de intermediación e prospección de emprego.
  • Formación: Certificado de profesionalidade de máis de 300 horas e formación en competencias transversais.?

Bolsas e medidas de conciliación:

Dispoñerase de unha bolsa de asistencia de 7€/día e medidas de conciliación para favorecer a asistencia.

Na edición de 2019, o 60% das persoas participantes conseguiron un traballo grazas ao proxecto, fixéronse máis de 300 horas de formación e máis de 300 accións individuais de asesoramento e orientación laboral.        

As persoas interesadas en participar no proxecto poden contactar en: http://galicia.fundacionlaboral.org / 981983546 / pie.galicia@fundacionlaboral.org

 

A presente convocatoria correspóndese coa ORDE do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de Programas Integrados de Emprego de Galicia, e convócanse para o ano 2020. Consulta aquí a convocatoria.

Subscríbete de balde ao noso boletín semanal de novas.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para non volver a recibir o boletín, podes darte de baixa aquí