900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Entrega de diplomas de dúas accións formativas de prevención de riscos laborais impartidas pola Fundación Laboral no Concello do Carballiño

Os 25 participantes, traballador@s desempregad@s, recibiron dous cursos gratuítos sobre as medidas preventivas a implantar en traballos de albanelería e a prevención de riscos laborais en obras de construción. 

New Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia e o concello do Carballiño entregaron onte os diplomas do Curso Básico de Prevención de Riscos Laborais en Construción (60 horas) e do específico de PRL para Traballos de Albanelería (6 horas) aos 25 participantes, traballador@s desempregad@s que buscan novas saídas laborais. 

No acto de entrega de diplomas participaron Javier Carreiro Vázquez, Vicepresidente do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral; Santiago Ferreiro Pérez, Presidente da Asociación de Constructores de Ourense (ACO); Antonio Pérez Jácome, Vogal do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; e o concelleiro de emprego e obras, Manuel Dacal. 

"Mellorar a empregabilidade", obxectivo dos cursos

Javier Carreiro, Vicepresidente do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral, destacou que estas accións formativas son de carácter gratuíto e buscan "mellorar a empregabilidade" dos 25 participantes.

A organización dos cursos correu a cargo do departamento municipal de Orientación Laboral, que depende da Concellería de Promoción Económica do concello do Carballiño; e da Fundación Laboral de la Construcción, que se encargou de impartir as clases, que se desenvolveron no auditorio co fin de dispoñer do espazo suficiente para garantir a seguridade sanitaria.

Accións formativas financiadas polo OPPC

Estas accións formativas están financiadas polo Organismo Paritario en la Prevención en Construcción (OPPC), unha entidade da Fundación Laboral de la Construcción creada en 2001. Unha das súas funcións é organizar e desenvolver formación gratuita en prevención de riscos laborais, enmarcada dentro do Convenio Xeral do Sector da Construción (CGSC), dirixida en gran parte a traballador@s en situación de desemprego. 

En Galicia, estas accións están a realizarse en colaboración cos concellos para facilitar o acceso a traballador@s desempregad@s.

Subscribe free to our weekly newsletters .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

I read and accept the privacy policy

For not receive the newsletter you can unsubscribe HERE