900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

O Centro de Información á Muller da Mancomunidade Santa Águeda forma a 21 mulleres no Centro de Ourense da Fundación Laboral

Este taller de bricolaxe para mulleres do rural forma parte do convenio de colaboración asinado entre a Fundación Laboral de la Construcción de Galicia e o CIM da Mancomunidade Santa Águeda para fomentar a igualdade. 

New Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia acolleu no Centro de Formación de Ourense a celebración dun taller de bricolaxe, dirixido ás muller do rural e organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade Santa Águeda.

Esta formación, impartida o 10 e o 11 de marzo no Centro de Formación de Ourense da Fundación Laboral, encádrase dentro das actividades realizadas polo CIM en sectores masculinizados para romper estereotipos e axudar ao empoderamento e crecemento profesional das mulleres do rural.

Dous días de formación teórica e práctica de bricolaxe básica

21 mulleres que viven nas zonas de Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín participaron neste obradoiro con formación teórica e práctica de bricolaxe básica e pequenas reparacións no fogar.

Durante o primeiro día, as participantes tiveron unha clase teórica sobre trade impartido por Mary Rodríguez, xerente da ferraxería Americana xunto con J. Manuel Rego, dinamizador do CIM e Inma Freijeiro, directora do CIM.

María Nieto: "Animamos a todas a seguir formándose no sector da construcción"

A actividade rematou cunha clase práctica na que as participantes puideron familiarizarse co uso do trade. “Só dúas delas utilizaran o trade antes. O taller é unha boa forma de que perdan medo á hora de utilizar a ferramenta nas súas casas”, comenta María Nieto, responsable provincial do Centro de Formación de Ourense da Fundación Laboral de la Construcción de Galicia. “Animamos a todas a continuar formándose no sector da construcción e a súa resposta está sendo moi boa”, engade.  

Esta actividade formativa forma parte do convenio de colaboración asinado entre a Fundación Laboral de la Construcción de Galicia e o Centro de Información á Muller da Mancomunidade Santa Águeda que ten por finalidade o asesoramento, intercambio de información e desenvolvemento de cursos dirixidos ao fomento da igualdade e a loita contra a violencia de xénero.

Subscribe free to our weekly newsletters .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

For not receive the newsletter you can unsubscribe HERE