900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia imparte por primeira vez en Aula Virtual o Curso de 'Coordinador/a de seguridade e saúde'

O curso, subvencionado pola Xunta de Galicia, impartirase entre o 15 de xullo e o 28 de outubro de 2022 e ten unha duración de 200 horas

A asistencia ás clases será online os mércores, xoves e venres de 15:00 a 21:00 horas e os sábados, de 08:00 a 14:00 horas e só será necesario asistir presencialmente ao Centro de Formación de Santiago para realizar as avaliacións de cada módulo e as visitas programadas.

New Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

Fundación Laboral de la Construcción de Galicia impartirá por primeira vez na modalidade de Aula Virtual o Curso de Coordinador/a en materia de seguridade e saúde nas obras de construción.

O curso, subvencionado pola Xunta de Galicia, impartirase entre o 15 de xullo e o 28 de outubro de 2022 e ten unha duración de 200 horas que se impartirán en Aula Virtual. Esta modalidade facilita o acceso á formación, xa que non será necesario desprazarse físicamente ao Centro de Formación.

Con todo, as clases deberán seguirse de xeito online obrigatoriamente os mércores (14/09, 28/09, 05/10, 19/10), xoves e venres en horario de 15:00 a 21:00 horas e os sábados, de 08:00 a 14:00 horas (agás o 28 de outubro que se impartirá de 15:00 a 17:00 horas). Para poder conectarse, os/as alumnos/as recibirán unhas claves de acceso coas que poderán entrar nas aulas virtuais e ter acceso aos recursos didácticos do curso. Para iso, os/as alumnos/as deberán dispor de acceso a internet, cámara e micrófono.

Clases presenciais e visitas a obra

Só será necesario asistir presencialmente ás visitas programadas a obra a partir do 20 de outubro e ás avaliacións de cada módulo que se realizarán no Centro da Fundación Laboral de la Construcción de Santiago de Compostela (Rúa Pontepedriña de Arriba, 13 (zona Romaño). As avaliacións de cada módulo realizaranse nos seguintes días e horarios: 

  • Módulo A: 1 de setembro. Horario de 15:00 a 21:00 horas.
  • Módulo B: 3 de setembro. Horario de 08:00 a 14:00 horas.
  • Módulo C: 15 de setembro. Horario de 15:00 a 21:00 horas.
  • Módulo D: 14 de outubro. Horario de 15:00 a 21:00 horas.
  • Módulo E: 19 de outubro. Horario de 15:00 a 21:00 horas.

No módulo F de prácticas que se imparte do 15 de outubro (de 10:00 a 14:00 horas, clase presencial) ao 28 de octubre haberá, cando menos, dúas visitas a obras que se programarán a principios de setembro e que serán totalmente presenciais. O resto de días sen visitas, impartiranse prácticas a través de Aula Virtual.

Quen pode inscribirse

Esta acción formativa está dirixida a aquelas persoas que desexen adquirir os coñecementos en materia de prevención de riscos laborais necesarios para exercer o posto de Coordinador/a en materia de seguridade e saúde.

Poden inscribirse ata o 14 de xullo demandantes de emprego, ocupados/as de réximen xeral e autónomos/as que non teñen por que estar no convenio de construción e que dispoñan de titulación académica habilitante para o desempeño das funcións de Coordinador/a que serán as de arquitecto/a, arquitecto/a técnico/a, enxeñeiro/a ou enxeñeiro/a técnico/a.

Documentación necesaria para a inscrición no curso

Para inscribirse neste curso, é obrigatorio entregar no Centro de Formación de Santiago de Compostela da Fundación Laboral da Construción (Rúa Pontepedriña de Arriba, 13 (zona Romaño) ou enviar por email a Rosa Calvo (rcalvo@fundacionlaboral.org) a seguinte documentación:

1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.

2. Fotocopia do D.N.I do alumno/a.

3. Fotocopia compulsada da titulación académica habilitante para o desempeño das funcións de Coordinador/a que serán as de arquitecto/a, arquitecto/a técnico/a, enxeñeiro/a ou enxeñeiro/a técnico/a. A copia debe estar compulsada pola Xunta o por un notario. A fotocopia compulsada enviarase ao Centro da Fundación Laboral de la Construcción de Santiago antes do inicio do curso.

4. O alumno deberá cumprimentar unha declaración de que dispón de medios técnicos propios suficientes para participar adecuadamente na acción formativa.

Requisitos mínimos para obter o diploma

Para obter o diploma, hai que asistir ó 80% das horas do curso e deberase conseguir, unha puntuación media global igual ou superior a 5 (sobre un máximo de 10) e realizar o 100% das actividades propostas. Para o cálculo tanto da cualificación como das actividades realizadas terase en conta a valoración ponderada dos seguintes recursos:

  • Test do curso: realizarase un por módulo (5 módulos en total y el último módulo que é de prácticas). As preguntas que se fan son de tipo test podendo ser dunha única opción ou de resposta múltiple. Deberanse aprobar todos os módulos.
  • Avaliación final: os/as participantes que non superen algunha das avaliacións modulares deberán realizar unha Avaliación Final e superala cunha puntuación media igual ou superior a 5 (sobre un máximo de 10).
  • Tarefas individuais.

 

Saídas laborais ás que dá acceso esta formación

Esta formación outorga os coñecementos sobre prevención de riscos laborais que son recomendables para exercer as funcións que se lle asignan ao Coordinador en materia de seguridade e saúde tanto durante a elaboración do proxecto de obra, como durante a execución da mesma no Real Decreto 1627/1997, conforme ao programa de formación proposto na Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relativos ás obras de construción elaborada polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo.

Ademáis, o curso permite aos alumnos que o superen inscribirse no Rexistro de Coordinadores da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 153/2008, do 24 de abril, polo que se crea o Rexistro de coordinadores e coordinadoras en materia de seguridade e saúde nas obras de construción (DOG núm. 145 do 29 de xullo de 2008).

 

Podes descargar aquí a Ficha de inscrición para o curso e o calendario de clases.
Para máis información, contacta con Rosa Calvo por email: rcalvo@fundacionlaboral.org ou por teléfono: 981983536.

Subscribe free to our weekly newsletters .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

For not receive the newsletter you can unsubscribe HERE