A crise provocada pola Covid-19 reduce un 23% o valor engadido bruto do sector da construción en Galicia no segundo trimestre de 2020
A redución da actividade conlevou o incremento do paro nun 17,8%, a baixada na compravenda de vivendas, nun 41,8%, e a diminución de ata un 89% das licitacións oficiais, segundo datos do Instituto Galego de Estatística.
A crise sanitaria provocada pola Covid-19 contribuíu a un peor comportamento do sector da construción en Galicia. Segundo publica o Instituto Galego de Estatística no seu informe de Seguimento e Análise da Construción: Terceiro trimestre de 2020, o valor engadido bruto do sector reduciuse un 23,2% no segundo trimestre do ano. A actividade diminuíu tanto na edificación como na obra civil.
Os datos de emprego confirman esta caída da actividade: con reduccións do 28,6% nos postos de traballo a tempo completo e do 6,9% nas afiliacións medias á Seguridade Social (73.055 persoas). A evolución do paro tamén foi negativa, cun crecemento do 17,8%.
Reducción na compravenda de vivendas e nas hipotecas
De igual forma, a demanda de edificación residencial rexistrou unha forte caída no segundo trimestre de 2020: tanto os visados como as licenzas rexistran taxas inferiores ás do trimestre precedente. En concreto, o número de compravendas efectuadas sobre vivendas novas e usadas da Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad do Instituto Nacional de Estadística (INE) mostra unha diminución do 41,8% no segundo trimestre de 2020.
Igualmente, o número de viviendas hipotecadas diminuíu un 3,4% no segundo trimestre de 2020. O importe medio das hipotecas en vivenda neste trimestre foi de 100.782 euros en Galicia, un 78,6% do importe medio estatal coa información da estatística do INE (no trimestre anterior era do 66,3% do importe medio estatal). Pola contra, segundo o indicador do INE, o prezo da vivenda aumentou un 2,7%, seis décimas menos que no trimestre anterior (3,3%).
Aumentan os visados e as licenzas dos concellos
Por outra parte, o número medio mensual de vivendas visadas no segundo trimestre deste ano foi de 316, inferior á media mensual de 2019 (412 vivendas) e tamén inferior á do primeiro trimestre de 2020 (411 vivendas). No caso das licenzas concedidas polos concellos, a media mensual no segundo trimestre de 2020 (só dispoñibles os datos de abril e maio) foi de 305 vivendas a crear de nova planta, superior á media do 2019 (183 vivendas).
No segundo trimestre de 2020 as licenzas rexistraron un incremento do 4,4% (só abril e maio), inferior en 5,8 puntos ao do trimestre precedente; en canto aos visados, aumentaron un 5,6%, 16,6 puntos menos que no trimestre anterior.
Forte diminución nas licitacións oficiais
En canto á licitación oficial, segundo os datos do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, o importe licitado no segundo trimestre de 2020 polas administracións en construción (edificación e enxeñería civil) en Galicia rexistrou unha redución do 89,1% con respecto ao licitado no mesmo trimestre do ano anterior.
As obras de enxeñería civil, que supuxeron un 76,7% da actividade licitadora da Administración neste trimestre, presentan unha redución do 74,0%.
En resumo, segundo os datos do IGE, o sector da construción en Galicia mostra un importante retroceso no segundo trimestre de 2020 a cause da crise sanitaria provocada pola Covid-19.