900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A compravenda de vivenda en Galicia cambia de tendencia: cae un 1,7% en xaneiro

A baixada na comunidade galega é menor á media española, onde o recorte se situou no 5%, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). 

New Galicia
Fuente -

El Correo Gallego; Europa Press Galicia

A compravenda de vivenda en Galicia rexistrou un descenso do 1,7% no mes de xaneiro respecto ao mesmo mes de 2025, segundo acaba de publicar o Instituto Nacional de Estadística (INE). Con todo, as 2.263 operacións rexistradas a comezos do ano supoñen unha caída inferior á media española, cun recorte do 5%. 

Este cambio de tendencia na comunidade galega contrasta especialmente co incremento do 14,2% experimentado durante o ano pasado, cun total de 27.035 operacións. Delas, a maioría corresponden a vivendas libres (2.221) e só 42 sobre protexida. Segundo a súa antigüidade, 584 foron viviendas novas e 1.679, edificios usados.  

A nivel nacional, a compravenda de vivendas caeu en doce comunidades. Canarias (-21,94%), Madrid (-19,65%) e Asturias (-14,72%) lideran os descensos fronte a Navarra (+20,5%), A Rioxa (+11,8%) e País Vasco (+9,2%), que rexistraron importantes aumentos.  

As hipotecas rexistran o mellor xaneiro en 15 anos en Galicia

A firma de hipotecas sobre vivendas en Galicia foi de 1.574 en xaneiro de 2026, o maior rexistro obtido dende 2011 segundo os datos que fixo público o INE. Esta cifra supón un incremento do 16,1% na comunidade galega en comparación co mesmo mes de 2025, 10 puntos por enriba da media española, situada no 6,3%.

Trátase da quinta comunidade co maior aumento, por detrás de Estremadura (+28,80%), Navarra (+28,64%), Andalucía (+19,22%) e Asturias (16,2%).

Os préstamos para a constitución de hipotecas sobre vivendas aumentaron ata os 224,2 millóns de euros en Galicia no primeiro mes de 2026.

 

Consulta máis información na web do INE.

 

 

 

 

Subscribe free to our weekly newsletters .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

For not receive the newsletter you can unsubscribe HERE