Medidas de prevención nas obras de construción fronte ao coronavirus
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) publica un documento con recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nas obras de construción fronte ao coronavirus.
Tendo en conta a situación de declaración de estado de alarma en todo o territorio nacional (Real decreto 463/2020 de 14 de marzo) como consecuencia da pandemia provocada polo COVID-19, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), vén de publicar un documento no que se recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nas obras de construción segundo as informacións das autoridades sanitarias sobre o novo coronavirus.
O documento recolle as seguintes recomendacións preventivas que aconsellan aplicar nas obras de construción fronte a esta pandemia:
- Establecer medidas para evitar o contacto próximo.
- Establecer medidas hixiénicas.
- Establecer medidas organizativas.
- Técnica de lavado de mans con auga e xabón.
- Técnica de hixiene das mans con preparación alcohólicas.
- Anexo sobre limpeza de lugares de traballo (non sanitarios) nos que estivo unha persoa afectada polo coronavirus.
- Fontes de información sobre o coronavirus.
O ISSGA tamén publica a seguinte infografía en formato cartel coas principais medidas preventivas en obras de construción fronte ao coronavirus:
Podes descargar aquí os documentos: