900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de Galicia convoca a sexta edición do Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación

Esta formación, de 300 horas de especialización, está dirixida a profesionais e técnicos/as de rehabilitación e impartirase en modalidade mixta (presencial e online en Aula Virtual) a partir do vindeiro 26 de abril. 

New Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A sexta edición do Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación (CEGOR), organizado pola Fundación Laboral de la Construcción de Galicia coa colaboración e a cofinanciación do Consorcio de Santiago, comeza o vindeiro 26 de abril. Máis de 120 persoas xa se formaron dende 2019 nesta acción formativa dirixida a profesionais, técnicos/as e xefes/as de obras de rehabilitación.

O curso, que se impartirá os venres e sábados no Centro de Formación de Santiago (Rúa Pontepedriña de Arriba, 13 (zona Romaño) da entidade paritaria, representa unha especialización única en Galicia nun dos campos máis en auxe hoxe en día en construción: a rehabilitación. A chegada dos fondos de Recuperación Next Generation EU supuxo un impulso á reforma de edificacións, co obxectivo de mellorar a súa eficiencia enerxética e de reducir o seu consumo e emisións xa que, hoxe en día, os edificios representan o 40% do consumo de enerxía final da Unión Europea, segundo a Directiva 2012/27/UE. 

Dende a Fundación Laboral de la Construcción de Galicia destácase a importancia desta formación xa que a rehabilitación é un motor económico para a industria da construción, que segue a manter un crecemento sostido e estable a medio prazo incluso sen as axudas de fomento impulsadas polas administracións públicas, e favorece múltiples oportunidades de emprego e negocio para persoal traballador, técnico, empresarios e inversores da construción. 

Por outro lado, a rehabillitación axuda a lograr un parque de inmobles máis sostible e habitable, algo fundamental para conseguir unha sociedade cuns estándares de calidade de vida mellores e para reducir o impacto medioambiental.

Formación con máis de 40 expertos/as da industria

A xestión das obras de rehabilitación require dunha estratexia e práctica profesional específica e diferente á adquirida na construción de nova planta. De aí a necesidade de que as persoas profesionais que traballan específicamente neste ámbito se poñan ao día en cursos como o Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación que facilita ao seu alumnado formarse con ata 40 expertos/as recoñecidos/as do sector a través de clases teóricas e talleres demostrativos prácticos sobre as distintas técnicas e oficios da rehabilitación -como estucado, cantería, forxa ou madeira- así como visitas de estudo a empresas e profesionais artesáns do sector para coñecer distintos materiais construtivos.

Baixo a coordinación do arquitecto Ángel Panero, o CEGOR aporta unha visión integral da xestión dunha obra de rehabilitación, comezando pola súa xestión administrativa e legal, pasando pola súa xestión económica, polo coñecemento de materiais e técnicas así como as instalacións e eficiencia enerxética.

Como en anteriores edicións, para facilitar a asistencia das persoas participantes ás que lles sexa imposible trasladarse ao Centro de Formación de Santiago, a parte presencial da acción formativa está aberta a realizarse tamén a través da “Aula virtual” de Fundación Laboral, a excepción dos talleres prácticos que serán presenciais. 

Inscrición no curso

Requisitos: Titulación relacionada coa materia ou acreditación da experiencia profesional.

Custo do curso: 500€

Proceso de admisión: para realizar a matrícula no curso deberá remitir a Rosa Calvo (rcalvo@fundacionlaboral.org) de Fundación Laboral de la Construcción a seguinte documentación: 

  • Ficha de inscripción.
  • Currículum Vítae.
  • Copia do D.N.I.
  • Copia da titulación relacionada ou vida laboral. No caso dos estudantes de último ano poderán remitir copia da matrícula do centro de estudos.
  • Xustificante bancario correspondente ao pago do curso (n.º de conta (BBVA): ES18 0182 5947 180011500028
    *É necesario que no concepto figure o seguinte texto: Concepto: CEGOR – DNI alumno)

 

A admisión no curso realizarase por rigurosa orde de inscrición, sempre e cando se cumpra cos requisitos esixidos e se presente a documentación indicada. 

 

Consulta máis información na web do CEGOR.

Subscribe free to our weekly newsletters .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

For not receive the newsletter you can unsubscribe HERE