Oferta de Emprego na Fundación Laboral de la Construcción de Vigo
Oferta de emprego incluída na Convocatoria de Subvencións para o fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vigo 2021.
Rematado o prazo de presentación e de selección de candidaturas, a Fundación Laboral de la Construcción de Vigo inicia o procedemento para a selección e contratación dun Técnico de Formación/Orientación Laboral.
A Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relación con Sindicatos do Concello de Vigo, realiza esta convocatoria de fomento do emprego. O Concello de Vigo colabora no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.
Información da Oferta:
Funcións e Perfil:
Posto de Traballo: 1 Técnico de Formación/Orientación Laboral.
Convenio Colectivo Aplicable: Convenio Provincial da Construción da provincia de Pontevedra.
Xornada Laboral: Tempo Completo
Centro de Traballo: Fundación Laboral de la Construcción, Vigo
Tempo de contratación: 3 meses e 11 días (dende o 19/04/2021 ao 31/07/2021).