900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

O delegado do Goberno, José Miñones, eloxia a Fundación Laboral de la Construcción como “exemplo da unión do sector"

Visitou hoxe a sede en Santiago do Consello Territorial de Galicia da entidade paritaria acompañado da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas. 

Noticia Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

O delegado do Goberno, José Miñones, eloxiou o modelo de formación impartido pola Fundación Laboral de la Construcción para a modernización da formación profesional: “É un exemplo de unión do sector e do traballo conxunto pola defensa dos intereses dos/as traballadores/as e das empresas”. Fíxoo durante a súa visita á sede en Santiago do Consello Territorial de Galicia da entidade paritaria, acompañado da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas.  

Pola súa parte, Diego Vázquez Reino, presidente do Consello Territorial de Galicia de Fundación Laboral de la Construcción, agradeceu a visita do delegado do Goberno nun momento crucial para a industria da construcción no que, ao seu ver, é necesario “impulsar un cambio de cultura para convencer ás mulleres de que é un sector de futuro e atraer á xente nova con horarios máis conciliadores”. 

A construción demanda man de obra con formación profesional 

O delegado do Goberno, José Miñones, destacou o impulso á FP Dual como “panca para transformar o tecido produtivo galego” coa nova lei e a transferencia de 114 millóns de euros á Xunta no último ano para mellorar a formación profesional en Galicia. Desta forma, José Miñones remarcou que o Goberno ten un triplo compromiso en relación coa FP: coa mocidade, coa educación de calidade e co emprego de calidade, especialmente para atraer as mulleres ao sector no caso da construción. 

Neste sentido, o delegado do Goberno cualificou de exemplo a entidade paritaria pola “unión do sector e do traballo conxunto pola defensa dos intereses dos traballadores e das empresas”. José Miñones constatou que a construción demanda man de obra cualificada con formación profesional e celebrou que, coa Lei Orgánica de Ordenación e Integración da Formación Profesional, que entrou en vigor o pasado 21 de abril, “o Goberno moderniza a FP e potencia a formación dual”.   

Pola súa parte, Alejandra Gesto Montes, vicepresidenta do Consello Territorial de Galicia de Fundación Laboral de la Construcción, valorou como positivos os avances nos dereitos que introduce o preacordo do convenio do sector da construción, en concreto, “a subida do salario un 10% en tres anos, as medidas de conciliación e o primeiro plan de pensións” e que poden supoñer un impulso á incorporación de máis mozos/as e de mulleres ao sector.  

Tamén participo una visita Javier Carreiro Vázquez, vicepresidente do Consello Territorial de Galicia de Fundación Laboral de la Construcción. 

Repulsa a un caso de abuso laboral en Lugo 

Diego Vázquez Reino, presidente do Consello Territorial de Galicia de Fundación Laboral de la Construcción, tamén quixo expresar a “enérxica repulsa” da entidade paritaria ao caso da detención dunha parella de empresarios da construción en Lugo por non pagar aos seus traballadores nin dalos de alta na Seguridade Social. “É un caso puntual e unha acción deplorable que vamos a denunciar e a perseguir porque queremos que este tipo de prácticas abusivas se queden fóra do noso sector”, indicou. “O noso compromiso sempre é co bo trato ás persoas que traballan na industria”, remarcou.  

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ