A Fundación Laboral impartirá tres cursos de prevención de riscos laborais en colaboración con Cruz Vermella en Burela
As formacións, dirixidas a desempregados, impartiranse no Concello de Burela, na Antiga Biblioteca, a partir do 20 de outubro e durante o mes de novembro.
A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia impartirá tres cursos de prevención de riscos laborais organizados en colaboración con Cruz Vermella en Burela, dirixidos a desempregados.
Trátase dun nivel básico de prevención en actividades do metal na construcción de 60 horas, que está previsto do 20 de outubro ao 4 de novembro, en horario de 09.00 a 14.00 horas.
Outro dos cursos é un PRL para traballos de instalacións, reparacións, montaxes, estructuras metálicas, cerrallaría e carpintería metálica (parte específica) de seis horas, que se impartirá o 5 de novembro en horario de 09.00 a 15.00 horas.
E finalmente, un PRL para operadores de aparatos elevadores (parte específica) de seis horas previsto para o vindeiro 6 de novembro en horario de 09.00 a 15.00 horas.
Os tres cursos impartiranse no Concello de Burela, na Antiga Biblioteca (Rúa do Correo s/n). Esta formación está incluída dentro do proxecto Reto Social Empresarial Alianzas de Cruz Vermella, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
Para inscribirse nos cursos, pode contactar coa delegación de Cruz Vermella en Burela no teléfono 982 581 452 ou por email a empleo-burela@cruzroja.es