900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción en Galicia presenta CONSTRÚATE, unha aposta exitosa para incorporar traballadores novos á industria

A Conselleira de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, destacou a necesidade de “poñer en valor” o sector, que representa o 6% do PIB de Galicia. 

Noticia Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

O Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción acolleu hoxe a presentación do proxecto CONSTRÚATE, unha exitosa aposta pola incorporación de traballadores novos á industria da construción.

No acto, que contou coa intervención da Conselleira de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, e do presidente do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral, Diego Vázquez Reino, participaron parte das 20 empresas e dos 30 traballadores (menores de 25 anos inscritos como demandantes de emprego e sen experiencia no sector) que xa se uniron ás dúas primeiras edicións do proxecto (a primeira, iniciada o pasado 24 de maio e a segunda, que comezará o vindeiro 21 de xuño).

Un impulso a “novas vocacións e formación” para o sector

Durante a presentación, María Jesús Lorenzana Somoza, Conselleira de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, destacou a necesidade de “poñer en valor” o sector da construción para a economía galega, con máis dun 6% de poboación ocupada no territorio, segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA) do 1º trimestre de 2021, e que representa directamente arredor dun 6% do Producto Interior Bruto (PIB) da comunidade, sen ter en conta o PIB dos sectores asociados, de acordo cos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE).

A conselleira dirixiuse aos traballadores presentes no acto agradecéndolles o seu compromiso co “desenvolvemento” do sector e felicitou ás empresas que participan no proxecto CONSTRÚATE “que busca atraer vocacións e formación para o sector”. Ademais, alagou a “vocación de progreso e o inxente labor diario” realizada pola Fundación Laboral.

María Jesús Lorenzana apelou a camiñar cara a un sector da construción “máis profesional, máis produtivo e máis igualitario”. Reivindicou que “as mulleres tamén poden traballar en construción” e incidiu en que, grazas ao esforzo de todos, “a fenda entre homes e mulleres que traballan no sector foise reducindo, formándose cada vez máis mulleres”.

Unha aposta pola “ansiada incorporación de xente nova á industria”

Pola su parte, Diego Vázquez Reino, presidente do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción, resaltou que o proxecto CONSTRÚATE pode supoñer “o primeiro sinal da ansiada consolidación e incorporación de xente nova á industria”.

Ademais, Alejandra Gesto Montes, vicepresidenta do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción, destacou que este proxecto “pon en valor o recambio xeracional necesario no sector” e representa unha “oportunidade para atraer ás mozas galegas” á construción.

Finalmente, Javier Carreiro Vázquez, vicepresidente do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción, chamou a “aproveitar a formación para poñer en valor a construción, que representa un “tractor importante para a economía” de Galicia.

También estivo presente na presentación Zeltia Lado Lago, Directora Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia.

CONSTRÚATE: renovación xeracional e cualificación profesional

A Fundación Laboral de la Construcción impulsa por primeira vez en Galicia o proxecto CONSTRÚATE, que ten como obxectivo mellorar a cualificación profesional dos traballadores máis novos, mediante o Contrato para a Formación e a Aprendizaxe, alternando formación en oficios con emprego en empresas da construción.

Gracias a CONSTRÚATE, máis de 30 traballadores incorporáronse a máis de 20 empresas -As Fontiñas Rehabilitaciones, Civis Global, Construcciones Alcalde García, Construcciones Delfín Ferreiro Rodríguez, Construcciones Edesio Lema, Construcciones M. A. Ramos, Constructora San José, Cotoverde Obras e Servizos, Cubriordes, Digal Noroeste, Dimarsapeca, Escayolas Compostela, Hordescon, Inducon Teco, Jstop Obras y Servicios, Luca Galegox, Obras y Servicios Gómez Crespo, Remifer, Revestimientos Tito, Solados Rey-, combinando o traballo en obra coa acción formativa de Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas que se impartirá no Centro de Santiago da Fundación Laboral de la Construcción durante un ano.

Ademais, xa se están preparando novas edicións grazas á boa acollida que está tendo o proxecto tanto entre as empresas como entre os traballadores.

 

Podes consultar máis información sobre CONSTRÚATE na súa páxina web.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la cláusula de protección de datos del Boletín

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ