900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral da Construción de Galicia participa nas III Xornadas 'Pontes entre Formación e Emprego' de Red Activa en Santiago

Luis Vázquez de Soto, Responsable de Seguridade e Saúde Laboral e Emprego do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción salientou a importancia de ligar a orientación laboral a unha formación continuada no tempo. 

 

Representantes de máis de 100 empresas de Galicia asistiron ás mesas redondas que remataron cun caso de éxito de formación e emprego no sector da construción: o de Rafael Sabugueiro, que comezou formándose na Fundación Laboral de la Construcción e rematou creando a súa propia empresa

Noticia Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia participou onte nunha das mesas redondas celebradas no marco das III Xornadas Pontes entre Formación e Emprego, organizada pola asociación Red Activa na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, e á que asistiron representantes de máis de 100 empresas de Galicia. 

Luis Vázquez de Soto, Responsable de Seguridade e Saúde Laboral e Emprego do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción interviu na terceira mesa de debate Emprego e Formación, condenados a entenderse. Luis Vázquez salientou a importancia de ligar a orientación laboral a unha formación continuada no tempo. "É fundamental que as programacións anuais da Xunta para os certificados de profesionalidade sexan continuas e non dependan de convocatorias que ás veces hai e outras non para que o/a orientador/a planifique un itinerario profesional para esa persoa desempregada de acordo a unha demanda de emprego. Senón pódese perder a oportunidade de insertar laboralmente á persoa que inicia ese itinerario", explicou. 

O Responsable de Seguridade e Saúde Laboral e Emprego do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción remarcou que no sector "é unha realidade que temos un problema social: non somos capaces de atraer man de obra nova para determinados oficios e profesións". Para solucionalo, indicou, dende a Fundación Laboral de la Construcción de Galicia están a desenvolverse proxectos para achegar o sector á xente nova con campañas como 'Seguridade e Saúde + Cerca da Escola' dirixidas aos centros educativos de primaria ou con iniciativas como CONSTRÚATE, que promove a incorporación de rapaces/as novos/as ás empresas do sector a través do contrato de formación en alternancia e que xa vai pola cuarta edición. 

Rafael Sabugueiro, un caso de éxito no sector da construción

Ao remate da mesa de debate, presentouse un caso de éxito de formación e emprego no sector da construción: o de Rafael Sabugueiro. Segundo él mesmo contou, comezou formándose en 2002 na Fundación Laboral de la Construcción e entrou a traballar nunha empresa do sector. Entón, chegou a crise e quedou sen traballo. Foi entón cando decidiu crear a súa propia empresa de reformas, CRS Proyecta, coa que xa leva traballando máis de 15 anos e que conta con 7 traballadores. Agora, é él o que volve a contactar coa Fundación Laboral de la Construcción, esta vez, á procura de traballadores/as para a súa empresa, alimentando deste xeito novas pontes entre formación e emprego.

Intervencións de Covadonga Toca e José Luis Mira

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, moderou unha das mesas redondas sobre emprego. “Estamos a transformar a formación para o emprego, conferíndolle a importancia que ten para que o noso tecido empresarial poida contar cos traballadores que precisa”, destacou. 

Na III xornada Pontes entre Formación e Emprego tamén participou o director xeral de Formación Profesional, José Luis Mira, quen moderou unha mesa redonda sobre as sinerxías entre o sistema educativo e o tecido produtivo. O director xeral de Formación Profesional destacou tamén o esforzo da Xunta de Galicia por deseñar unha oferta flexible e adaptada ás necesidades do sistema produtivo, polo que se está a potenciar de xeito especial a Formación Profesional Dual, que se desenvolve conxuntamente entre a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e as empresas. 

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ