900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A compravenda de vivendas medra un 19,5% en Galicia no mes de novembro

Os préstamos hipotecarios subiron un 32,7%, por enriba da media española que se situou no 24%, segundo os datos recollidos polo Centro de Información Estatística do Notariado. 

Noticia Galicia

A compravenda de viviendas medrou en Galicia un 19,5% e os préstamos hipotecarios un 32,7%, segundo os datos recollidos polo Centro de Información Estatística do Notariado. Unhas porcentaxes moi por enriba da media española, que se situou nun crecemento do 9% e do 24% respectivamente.

Cunha caída do 3,2% no prezo do metro cadrado, Galicia foi unha das dúas únicas autonomías nas que se abaratou o custo da vivenda respecto ao ano anterior. Desta forma, a comunidade galega encadea oito meses de crecemento nas compravendas e 12 en formalización de hipotecas.

80 compravendas de vivenda ao día en Galicia

En novembro de 2024, realizáronse 2.477 compravendas de vivenda na comunidade e o prezo medio do metro cadrado situouse nos 1.158 euros, rexistrando unha caída do 3,2% fronte ao encarecemento do 5,9% no conxunto de España. Estas cifras tradúcense en máis de 80 compravendas de vivenda ao día en Galicia, un 19,5% máis que as realizadas no mesmo mes de 2023.

Por outro lado, no mes de novembro pecháronse en Galicia 1.104 préstamos hipotecarios para a compra de vivenda, un 32,7% máis que no mesmo mes de 2023.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ