900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción colabora coa Xunta de Galicia no Programa Retorna Cualifica-Emprego para traer man de obra ao sector

A entidade paritaria intermediará entre as empresas construtoras que necesitan persoal e a Fundación Nortempo, encargada de realizar a selección de persoas emigradas galegas e/ou descendentes que queren incorporarse á industria en Galicia.

Albistea Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

As empresas da construción necesitan incorporar urxentemente xente nova para afrontar a remuda xeracional da industria así como man de obra para traballar nos oficios máis demandados no sector como albaneis, oficiais, encargados de obra, encofradores. É un dos motivos polos que a Fundación Laboral de la Construcción de Galicia colabora coa Xunta de Galicia no Programa Retorna Cualifica-Emprego dirixido a retornar a persoas galegas emigradas e/ou descendentes, facilitándolles mecanismos para a súa cualificación e inserción no mercado laboral galego. 

A entidade paritaria intermediará entre as empresas construtoras que buscan man de obra e a Fundación Nortempo, encargada de realizar a selección de persoas galegas residentes no exterior que queren incorporarse á industria en Galicia. 

Fases do programa

Na primeira fase, a Fundación Laboral de la Construcción de colaborará coa Fundación Nortempo na selección de persoas candidatas nos países de orixe. A entidade paritaria acompañará ás empresas dentro dunha comisión de expertos que viaxará ao país de orixe das persoas seleccionadas para avaliar as súas aptitudes profesionais para traballar en construción.

Nunha segunda fase, a Fundación Laboral de la Construcción impartirá formación específica para o posto de traballo (100 horas) das persoas seleccionadas que finalmente sexan contratadas polas empresas. A entidade paritaria tamén realizará seguimento coa empresa no caso de que se formalicen Contratos de Formación en Alternancia.

Modalidades de contratación

A duración do contrato das persoas retornadas será, como mínimo, de 12 meses. Se son menores de 30 anos, ofreceráselle un contrato de Formación en Alternancia, que incluirá un 60% de traballo na empresa e un 40% de formación na Fundación Laboral de la Construcción, que lles permitirá acceder a un Certificado de Profesionalidade.

No caso de ser persoas maiores de 30 anos, aos/ás traballadores/as cualificados/as con experiencia ou non cualificados/as con experiencia non demostrable, ofreceráselles un contrato indefinido adscrito a obra ou fixo-discontinuo. En particular, na modalidade de fixo-discontinuo, o contrato deberá de ser, como mínimo, de 15 meses e dos cales, como mínimo, 9 meses, serán de actividade. 

 

Consulta a información no microsite do Programa Retorna Cualifica-Emprego.
Descarga aquí o Dossier do Programa.
Se necesitas contratar, esta é a túa oportunidade. Déixanos os teus datos e contactarémoste!

Harpidetu dohainik gure astekarian .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Boletin hau berrio ez jasotzeko, HEMEN sakatu