PROGRAMA RETORNA CUALIFICA-EMPREGO

O Programa Retorna Cualifica-Emprego, impulsado pola Xunta de Galicia, ten como finalidade retornar a persoas galegas emigradas e/ou descendentes, facilitándolles mecanismos para a súa cualificación e inserción no mercado laboral galego.

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia colaborará coa Administración galega para intermediar entre as empresas construtoras interesadas en contratar man de obra e as persoas traballadoras galegas residentes no exterior á hora de avaliar as súas aptitudes profesionais así como as súas necesidades de formación e cualificación para traballar na industria da construción.

Se necesitas contratar, esta é a túa oportunidade. Déixanos os teus datos e contactarémoste!

* Campos obligatorios: datos de obligatorio cumplimiento a fin de prestar el servicio.