900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Fundación Laboral de la Construcción de Galicia participa na feira de emprego 'Sinerxias. Empresa, Emprego e Territorio' de Carballo

A entidade paritaria contará cun stand propio e participará na mesa redonda 'Presente e futuro da excelencia empresarial: contornas laborais saudables e sustentabilidade' dentro deste evento, unha iniciativa da asociación de propietarios do polígono de Carballo (A Coruña), que se celebrará o próximo 19 de abril no centro social de Bértoa en horario de 10.00 a 19.00 horas.

Noticia Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia participará o vindeiro 19 de abril  na feira de emprego 'Sinerxias. Empresa, Emprego e Territorio', unha iniciativa da asociación de propietarios do polígono de Carballo (A Coruña) que terá lugar no centro social de Bértoa en horario de 10.00 a 19.00 horas.

A entidade paritaria contará cun stand propio -07- no que se facilitará aos participantes información sobre a completa oferta de servizos de formación, prevención e emprego de Fundación Laboral.

Ademais, Luis Vázquez, responsable de Seguridade, Saúde Laboral e Emprego de Fundación Laboral de la Construcción en Galicia, abordará as medidas preventivas de seguridade e saúde para reducir a sinistralidade laboral no sector dentro da mesa redonda 'Presente e futuro da excelencia empresarial: contornas laborais saudables e sustentabilidade' que se celebrará na feira a partir das 16:45 horas.

Finalmente, a partir das 19:00 horas, Diego Vázquez Reino, presidente do Consello Territorial de Galicia de Fundación Laboral da Construcción, clausurará a feira xunto a Pablo Rodríguez Gómez, xerente do polígono de Carballo.

Máis de 20 empresas, centros de formacion e administracións locais 

Unha vintena de empresas, centros de formación e administracións locais están confirmados para esta feira de emprego que acollerá conferencias sobre empregabilidade e xestión do talento; os plans de formación e capacitación; a acreditación de competencias profesionais na empresa; os retos e oportunidades da vocación industrial da empresa galega ou experiencias de alumnos da FP Dual.

 

 

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ