Información importante sobre cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continuas navegando, consideramos que aceptas su uso. OK | Más información

900 11 21 21

L-J 8:00 - 15:00
V 9:00 - 15:00

O sector da construción en Galicia xerou en 2019 un valor engadido bruto de 4.384,8 millóns de euros

O emprego no sector situouse nos 75.373 postos de traballo. Son datos do informe Seguimento e análise da construción. Primeiro trimestre de 2020 elaborado polo Instituto Galego de Estatística (IGE) da Xunta de Galicia.

Nova Galicia

O sector da construción en Galicia xerou en 2019 un valor engadido bruto (VEB) de 4.384,8 millóns de euros, o que representa o 6,9% do Produto Interior Bruto (PIB), segundo recolle o Instituto Galego de Estatística (IGE) da Xunta de Galicia no informe Seguimento e análise da construción. Primeiro trimestre de 2020

Este nivel de actividade fixo que o emprego no sector se situara nos 75.373 postos de traballo equivalentes a tempo completo, o 7,4% do total. 

Pola súa parte, en España, o sector da construción representa o 5,9% do PIB e o emprego supón o 6,9% do total de postos de traballo equivalentes a tempo completo. 

O período de expansión que rexistrou o sector nos anos 2000-2008 veu seguido dun período de contracción nos anos 2009-2014 tanto en Galicia como en España. 

No ano 2015 comezou a recuperación do sector, con crecementos, en termos reais, do 3,4% en Galicia e do 5,4% en España. Nos últimos anos continuou o período expansivo do sector chegando nalgún ano a taxas superiores ao 5%. Aínda así, os descensos nos anos anteriores, acompañados de menores crecementos nos prezos, fan que o nivel do VEB do sector en termos correntes se sitúe en 2019 nunha cifra inferior á de 2011 tanto en Galicia como en España. 

A taxa de creación de emprego no sector sitúase no 2,4%

Os datos de emprego do sector reflicten a mesma dinámica, os postos de traballo equivalentes a tempo completo creceron, no período 2000-2007, en maior magnitude que os postos de traballo equivalentes totais mentres que a partir do ano 2008 prodúcense descensos anuais ata o ano 2014.

O ano 2015 é o primeiro, despois de sete anos, no que se incrementan os postos de traballo equivalentes a tempo completo tanto en Galicia (4,4%) como no conxunto do Estado (7,3%). Logo dun retroceso en Galicia no ano 2016, e de manterse estable no ano 2017, nos dous anos seguintes vólvese a crear emprego, acadando os postos de traballo equivalentes a tempo completo, no ano 2019, unha taxa do 2,4% en Galicia. No conxunto de España a taxa de creación de emprego é de maior magnitude, ata o 4,5% en 2019.

As afiliacións á Seguridade Social (media mensual) tamén manifestan o retroceso que se produciu no período 2008 a 2013, especialmente no ano 2009 e de novo no 2012. No ano 2019 mantense o crecemento das afiliacións en todas as comunidades por
terceiro ano consecutivo.

A produtividade aparente do sector creceu no ano 2019 un 0,2% debido a un aumento maior da actividade (2,6%) que do emprego (2,4%).

A construcción medrou un 2,6% en 2019 grazas á edificación privada

O sector da construción creceu en 2019 un 2,6%, dous puntos menos que no ano anterior. O crecemento do ano 2019 responde sobre todo o desempeño da actividade na edificación residencial e non residencial; a obra pública diminúe no conxunto do ano.

O perfil de variacións interanuais do VEB do sector presenta taxas negativas desde finais de 2008 ata finais do ano 2014; a caída chegou ao 14% na segunda metade do ano 2011. A partir do ano 2015 mostra taxas positivas.

Podes descargar este informe sobre a evolución do sector na web do Instituto Galego de Estatística.

Subscríbete de balde ao noso boletín semanal de novas.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

Lin e acepto a cláusula de protección de datos do Boletín

Para non volver a recibir o boletín, podes darte de baixa aquí