900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción oferta 1.434 prazas de formación en Galicia para mellorar a cualificación profesional do sector

A entidade paritaria impartirá nos seus seis Centros de Galicia 15 accións formativas, de carácter non formal, financiadas pola Unión Europea-Next GenerationEU, e promovidas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

Nova Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

Fundación Laboral de la Construcción de Galicia acaba de asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a realización de 15 accións formativas, de carácter non formal, que ten por obxectivo a “cualificación e recualificación da poboación activa no sector da construción, que se axusten ás necesidades máis inmediatas da formación do capital humano das empresas do ramo e permitan a actualización das competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e empresarial do sector”.

Dirixidas a persoas traballadoras en activo do sector da construción e/ou desempregados/as coa tarxeta de demanda de emprego en vigor, a entidade paritaria ofrece máis de 1.434 prazas para participar nestas accións formativas, financiadas pola Unión Europea-Next GenerationEU, e promovidas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. 

Estas accións formativas, de carácter non formal, están vinculadas a cualificacións profesionais incluídas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

15 accións formativas en construción

As 15 accións formativas, para as que xa está aberta a inscrición, son as seguintes:

Carretillas elevadoras de mástil con carga en voladizo (Tipo 4) e de alcance variable ou brazo telescópico (Tipo 5) ata 10.000 Kg. Iniciación. Centros de Arteixo (abril e xuño), Narón (febreiro), Santiago (febreiro e xuño), Vigo (marzo, abril e maio), Lugo (marzo) e Vilamarín (marzo e xuño). 
Cerramentos ecoeficientes de termoarcilla. Centros de Santiago (marzo), Vigo (abril) e Arteixo (xuño).
Instalación de estruturas de madeira contralaminada. Centro de Santiago (febreiro e abril).
Montador de prefabricados de formigón. Centro de Santiago (marzo e maio).
Montaxe de estadas apoiadas. Centros de Santiago (febreiro), Lugo (maio), Arteixo (maio) e Vigo (maio)
Nivel básico de prevención de riscos laborais en construción. Centros de Arteixo (febreiro, marzo, abril e maio), Narón (febreiro e maio), Santiago (febreiro, marzo, abril e maio), Vigo (febreiro, abril e maio), Lugo (febreiro e maio), Vilamarín (xaneiro, abril e maio) e Pazo de Congresos de Pontevedra (marzo e maio).
Operacións de minicargadora-miniescavadora. Centros de Santiago (maio), Vilamarín (maio) e Vigo (xuño).
Operacións con PEMP. Tipos 1A-1B-3A e 3B. Centros de Arteixo (febreiro, abril e maio), Narón (abril e xuño), Santiago (febreiro, abril e xuño), Vigo (febreiro, abril e xuño), Lugo (abril e maio) e Vilamarín (febreiro e maio).
Prevención de riscos derivados das condicións de seguridade. Centros de Arteixo (xaneiro e abril), Narón (marzo), Santiago (febreiroabril), Vigo (xaneiro, febreiroabril), Lugo (maio) e Vilamarín (marzo e maio).
PRL para traballos de albanelería, encofrado e operadores de vehículos e maquinaria de movemento de terras. Centros de Arteixo (abril), Narón (marzo), Vigo (febreiro), Vilamarín (febreiro e abril) e Pazo de Congresos de Pontevedra (abril).
Procedementos e técnicas de acceso e posicionamento mediante cordas (traballos verticais). Nivel I. Centros de Arteixo (febreiro e marzo) e Vigo (marzo).
Procedementos e técnicas de acceso e posicionamento mediante cordas (traballos verticais). Nivel II. Centros de Vigo (abril) e Arteixo (maio).
Tabiquería de alto rendemento con ladrillo gran formato. Centros de Vigo (maio), Arteixo (xuño) e Santiago (xuño).
Teoría de albanelería de fábricas e cubertas. Centros de Vigo (xuño) e Arteixo (xuño).
Traballos con exposición a amianto. Centros de Arteixo (marzo), Narón (abril), Santiago (xaneiro), Vigo (abril) e Lugo (marzo).

 

Consulta as accións formativas na web de cursosenconstruccion.com/cursos-subvencionados/galicia

Inscríbete a través do noso formulario web ou ponte en contacto directamente cos Centros de Formación:

 

Centro de Arteixo: mar.paz@fundacionlaboral.org / mvecino@fundacionlaboral.org / 981 995 097 
Centro de Narón: lcaneiro@fundacionlaboral.org / aperez@fundacionlaboral.org / 981 980 630 ou 981 980 631
Centro de Lugo: bfernandez@fundacionlaboral.org / 982 750 038 
Centro de Santiago: rcalvo@fundacionlaboral.org / 981 983 536 
Centro de Vigo: pvasconcellos@fundacionlaboral.org / mgracia@fundacionlaboral.org / 986 980 427 ou 986 980 424
Centro de Vilamarín: cvazquez@fundacionlaboral.org / 988 750 707 

Subscríbete de balde ao noso boletín semanal de novas.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para non volver a recibir o boletín, podes darte de baixa aquí