900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de Galicia aborda posibles vías de colaboración no arraigo por formación con entidades sociais e Xunta

A entidade paritaria celebrou unha xornada de traballo con 35 representantes de 17 entidades, na que tamén participou a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Xunta, Zeltia Lado Lago e na que se trataron as posibilidades de cooperación co fin de facilitar a inserción social e laboral de inmigrantes na industria da construción a través desta ferramenta

Nova Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

Abordar posibles vías de colaboración na inserción laboral de inmigrantes na industria da construción a través do arraigo para a formación é o obxectivo da xornada de traballo celebrada hoxe pola Fundación Laboral de la Construcción de Galicia, na que participaron 35 representantes de 17 entidades do terceiro sector así como a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Xunta, Zeltia Lado Lago.

As organizacións xunto coa entidade paritaria analizaron en distintas mesas de traballo os retos de levar á práctica o arraigo para formación, unha autorización que permite ás persoas estranxeiras obter un permiso de residencia legal en España a través dun compromiso de formación para a súa incorporación ao mercado laboral.

“A industria da construción é un bo destino para estes colectivos”

Á vista da necesidade de man de obra da industria da construción en Galicia -entre 1.400 e 1.700 persoas traballadoras novas cada ano-, o xerente do Consello Territorial de Galicia de Fundación Laboral de la Construcción, Fernando García Novo, expuxo ás entidades participantes que “a industria da construción é un moi bo destino para que estes colectivos desenvolvan a súa carreira profesional”.

Neste sentido, o arraigo para formación permítelles ás persoas inmigrantes acceder a unha formación cualificada, de maneira que “poden regularizar a súa situación e, á vez, entrar no mercado laboral”, destacou.

Segunda edición do programa de arraigo da Xunta

Pola súa parte, a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Xunta, Zeltia Lado Lago, salientou os “resultados positivos” que obtivo o primeiro programa piloto de arraigo para a formación impulsado dende a Administración autonómica e do que xa está en marcha unha nova edición.

“É unha oferta flexible, moderna e aliada cos requirimentos do mercado laboral coa que contribuímos a facer un labor social e a fixar poboación no rural”, salientou a directora xeral que agradeceu o “compromiso e apoio da Fundación Laboral en mellorar a formación e o emprego”.

Subscríbete de balde ao noso boletín semanal de novas.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para non volver a recibir o boletín, podes darte de baixa aquí