900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

100 persoas desempregadas participarán no novo Programa Integrado de Emprego de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción 2022/23

A formación a desenvolver durante o programa terá relación co sector da construción, unha industria con gran expansión e alta demanda de man de obra en Galicia e nas comarcas de A Coruña (Arteixo), Santiago, Lugo, Ourense (Vilamarín) e Vigo.

Albistea Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de concederlle á Fundación Laboral de la Construcción a posta en marcha dun Programa Integrado de Emprego de Galicia, que conta co financiamento da Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE).

As actividades realizaranse nos Centros que a Fundación Laboral de la Construcción ten nos concellos de Arteixo, Santiago, Lugo, Vilamarín (Ourense) e Vigo.

Concretamente, búscase incorporar persoas desempregadas dos seguintes colectivos:

  • Menores de 30 anos con baixa cualificación: 40 prazas.
  • Menores de 30 anos cualificados: 30 prazas.
  • Perceptores de prestación: 30 prazas.

A formación a desenvolver durante o programa estará baseada no Catálogo de Especialidades Formativas do SEPE e terá relación co sector da construción, un sector de gran expansión e con alta demanda de traballadores en Galicia e nas comarcas de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo.

Un exemplo da formación a impartir é:

  • Montaxe de estadas apoiadas.
  • Execución de paredes de ladrillo con revestimentos de placa de xeso.
  • Colocador de revestimentos continuos en fachadas: morteiros monocapa e sistemas bicapa.
  • Colocador de Sistemas de Illamento Térmico polo Exterior (SATE): aplicación de morteiro térmico illante.
  • Colocador de Sistemas de Illamento Térmico polo Exterior (SATE): opcións de illamento e acabado.
  • Nivel básico de prevención en construción.
  • PRL de Albanelería.
  • Operacións con Plataformas Elevadoras Móbiles de Persoal (PEMP). Categorías 3A e 3B.
  • Prevención en traballos en altura.
  • Instalación de fachadas ventiladas.
  • Formigón para non técnicos
  • Solador e pavimentador de pezas cerámicas de gran formato mediante adhesión.
  • Pavimentos decorativos.

 

Bolsas e medidas de conciliación

Ademais cada participante terá á súa disposición un servizo de orientación laboral e realizaranse accións de prospección de emprego e intermediación con empresas.

Como apoio e favorecer a asistencia a accións, dispoñerase dunha bolsa de asistencia de 7€/día e medidas de conciliación.

Máis dun 60% de inserción na última edición

A finalidade deste tipo de programas é contribuír á dinamización do mercado laboral, implementando estratexias e accións conducentes a incrementar a empregabilidade e acadar a inserción laboral das persoas en busca activa de emprego. O obxectivo de inserción é do 45%.

Na pasada edición realizáronse máis de 1.000 horas de Formación do Catálogo de Especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal non vinculada a certificados de profesionalidade e máis dun 60% das persoas participantes acadaron a inserción.

Para inscribirse, pode contactar no teléfono 981 98 35 46 ou no correo electrónico dvazquez@fundacionlaboral.org deixando datos de contacto e localidade de residencia.

 

A presente convocatoria correspóndese coa ORDE do 04 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de Programas Integrados de Emprego de Galicia, e convócanse para o ano 2022. Consulta aquí a convocatoria.

Harpidetu dohainik gure astekarian .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Boletin hau berrio ez jasotzeko, HEMEN sakatu