900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Aumentan as obras de rehabilitación e redúcense as edificacións de nova planta en Galicia

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica no seu último informe de novembro que o número de edificios rehabilitados pasou de 116 en 2022 a 128 este ano, o que se traduce nun 10,34% de incremento.

New Galicia

As obras de rehabilitación aumentan en Galicia mentras que as de nova planta se reducen. É unha das tendencias que pon de relevo o Instituto Galego de Estatística (IGE) no seu último informe de novembro sobre 'Construción de edificios' con datos correspondentes a agosto de 2023.

O número de edificios rehabilitados pasou de 116 en 2022 a 128 este ano, o cal repersenta un 10,34% de incremento. Pola contra,  concedéronse licenzas para 141 edificacións de nova planta, un 16,5% menos que as 169 rexistradas no mesmo mes de 2022.

De acordo coa información do IGE, entre xaneiro e agosto do ano pasado, expedíronse un total de 1.533 licenzas para a construción de edificios, tanto residenciais coma non residenciais, de nova planta. Unha cifra que se viu rebaixada un 13.11% este ano, situándose en 1.332. 

As rehabilitacións aumentaron un 3,79% respecto a 2022

Pola contra, se atendemos á evolución das rehabilitacións efectuadas de xaneiro a agosto, pasouse de 1.161 o ano pasado a 1.205 en 2023, un incremento do 3,79%. 

As vivendas de nova planta pasaron de 1.971 en 2022 a 1.617 en 2023, o cal supuxo unha baixada do 17,96%. Con todo, rexistrouse certo incremento nos datos de agosto cun reconto de 130, oito máis que no mesmo mes de 2022 e unha subida do 6,5%.

Do mesmo xeito, as vivendas rehabilitadas sufriron unha leve baixada do 1% de xaneiro a agosto deste ano ata as 396 fronte ás 400 que se contaban en 2022. En cambio, aumentou en agosto pasando de 27 a 36, un 25,93% máis.

Redúcense un 5,83% as licenzas concedidas

A cantidade global de licenzas concedidas para acometer obras en edificios tamén se reduciu, das 2.589 expedidas ata agosto de 2022, pasouse a 2.438 no mesmo periodo de 2023, unha baixada dun 5,83%. Este ano, 1.914 foron para inmobles residenciais mentres que 524 se destinaron a non residenciais. 

Por outro lado, as licenzas para demolicións de edificios foron 144 este ano fronte a 160 en 2022; e as de vivendas, 148 en 2023 e 115 o ano pasado.

Baixa un 38,2% o número de hipotecas en Galicia

Por outra parte, o número de hipotecas constituidas sobre vivendas en Galicia baixou un 38,2% en setembro en relación co mesmo mes de 2022, con menos de mil préstamos suscritos (929), segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Respecto ao mes anterior, agosto, a cifra de operacións supón un descenso do 6,4%. 

Galicia tivo o terceiro maior desplome de hipotecas constituidas sobre vivendas só por detrás de Murcia (-44,8%) e de Aragón (-39%). En Galicia asináronse 1.306 hipotecas, por un importe de algo máis de 151,66 millóns. Delas, 30 foron sobre fincas rústicas (case 4,7 millóns) e as outras 1.275, sobre fincas urbanas (case 146,97 millóns). Ademais, rexistráronse 1.727 cancelacións de hipotecas: 56 corresponden a fincas rústicas, 1.161 en vivendas, 23 en solares e 487 de outras urbanas.

 

Consulta o informe de novembro sobre 'Construción de edificios' do Instituto Galego de Estatística.

Subscribe free to our weekly newsletters .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

For not receive the newsletter you can unsubscribe HERE