900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Bos resultados do Programa Integrado de Emprego na Fundación Laboral de la Construcción de Galicia

As accións de formación e orientación recibidas na entidade paritaria axudaron a que un terzo dos participantes, en concreto 36 dos 100 alumnos, se atopen traballando a día de hoxe

New Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia foi beneficiaria do Programa Integrado de Emprego (PIE), que comezou en novembro de 2019 e se está a prorrogar durante 2020. Este programa está a dar servizo a 100 usuarios galegos (menores de 30 anos desempregados, maiores de 45 anos, desempregados de longa duración e perceptores de prestacións) dos concellos de Arteixo, Santiago de Compostela e Vigo.

Os participantes do programa reciben formación, orientación laboral individualizada e unha intermediación para poñelos en contacto con empresas da contorna que precisan persoal, para mellorar a súa empregabilidade. Os resultados das accións de formación e orientación están a ser positivos xa que 36 das 100 persoas -un terzo dos usuarios- están traballando a día de hoxe.

Cursos de formación en Arteixo, Vigo e Santiago

Na actualidade, reiniciáronse os cursos do PIE que tiveran que ser paralizados por mor do estado de alarma decretado polo Goberno de España a causa da Covid-19. Por un lado, no Centro de Arteixo, continúa a impartirse o curso de Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas que finaliza o vindeiro 1 de setembro.

Por outro lado, no Centro de Vigo tamén se retomaron dúas accións formativas incluidas no PIE: Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas que remata o 19 de agosto e acaba de iniciarse Operacións de fontanería e calefacción-climatización doméstica, que finaliza o 28 de outubro. En Vigo, xa remataron un nivel básico de Prevención en construción así coma un Obradoiro de Novas Tecnoloxías e comezará o vindeiro 25 de agosto unha formación de Carretillas elevadoras.

Finalmente, está previsto comezar no Centro de Formación de Santiago un curso de Operacións auxiliares de revestimento continuo a partir do 1 de setembro.

Colectivos destinatarios do programa

  • Persoas menores de 30 anos desempregadas con baixa cualificación: 30
  • Persoas menores de 30 anos desempregadas cualificadas: 10
  • Persoas desempregadas maiores de 45: 15
  • Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI): 20
  • Persoas desempregadas de longa duración: 25

 

Os destinatarios contan con perfís profesionais maioritariamente relacionados co sector da construción. As accións de formación e orientación ofrecidas dende a Fundación Laboral están encamiñadas a acadar a súa incorporación ao mercado laboral, ao tempo que se proporciona ás empresas os traballadores cualificados que precisan.

Os técnicos de orientación traballan cos participantes no programa para mellorar a súa capacidade de inserción, mediante o diagnóstico da sua situación e dos seus coñecementos sobre a procura de emprego. O obxectivo é darlles a formación e a orientación que sexan pertinentes, así como o acompañamento necesario na busca de emprego nas empresas.

Ademais, tamén se realiza unha intermediación laboral coas empresas para acadar a inserción dos participantes, incluíndo a posibilidade de realizar prácticas profesionais.

O devandito programa conta co financiamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, o Servizo Público de Emprego Estatal e coa colaboración do Servizo Público de Emprego de Galicia.

A presente convocatoria correspóndese ca ORDE do 7 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se convocan para o ano 2019.

Subscribe free to our weekly newsletters .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

For not receive the newsletter you can unsubscribe HERE