Ampliamos prazo de inscrición no curso de Coordinador/a en materia de seguridade e saúde nas obras de construción que se imparte en Santiago
A formación, subvencionada pola Xunta de Galicia, atrasa o seu inicio ata o 3 de setembro.
Dirixida a demandantes de emprego, ocupados de réximen xeral e autónomos que dispoñan dalgunha das seguintes titulacións: arquitecto, arquitecto técnico, enxeñeiro ou enxeñeiro técnico.
O Centro de Formación de Santiago de Compostela da Fundación Laboral da Construción de Galicia amplía o prazo de inscrición do curso de Coordinador/a en materia de seguridade e saúde nas obras de construción que apraza o seu inicio ata o 3 de setembro.
O curso, subvencionado pola Xunta de Galicia, ten unha duración de 200 horas e está dirixido a aquelas persoas que desexen adquirir os coñecementos en materia de prevención de riscos laborais necesarios para exercer o posto de Coordinador en materia de seguridade e saúde.
Poden inscribirse demandantes de emprego, ocupados de réximen xeral e autónomos que non teñen por que estar no convenio de construción e que dispoñan de titulación académica habilitante para o desempeño das funcións de Coordinador que serán as de arquitecto, arquitecto técnico, enxeñeiro ou enxeñeiro técnico.
Esta formación outorga os coñecementos sobre prevención de riscos laborais que é recomendable dispor para exercer as funcións que se lle asignan ao Coordinador en materia de seguridade e saúde tanto durante a elaboración do proxecto de obra, como durante a execución da mesma no Real Decreto 1627/1997, conforme ao programa de formación proposto na Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relativos ás obras de construción elaborada polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo.
Ademáis, o curso permite aos alumnos que o superen inscribirse no Rexistro de Coordinadores da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 153/2008, do 24 de abril, polo que se crea o Rexistro de coordinadores e coordinadoras en materia de seguridade e saúde nas obras de construción (DOG núm. 145 do 29 de xullo de 2008).
Documentación necesaria para a inscrición no curso
Para inscribirse neste curso, é obrigatorio entregar no Centro de Formación de Santiago de Compostela da Fundación Laboral da Construción (Rúa Pontepedriña de Arriba, 13 (zona Romaño) ou enviar por email a Rosa Calvo (rcalvo@fundacionlaboral.org) a seguinte documentación:
- Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
- Fotocopia do D.N.I do alumno.
- Fotocopia compulsada da titulación académica habilitante para o desempeño das funcións de Coordinador que serán as de arquitecto, arquitecto técnico, enxeñeiro ou enxeñeiro técnico.
Datas e horarios do curso
O curso celebrarase do 03 de setembro ao 20 de novembro de 2020 os xoves e venres en horario de 15:30 a 21:30 horas e os sábados, de 08:30 a 14:30 horas (agás o 20 de novembro que se impartirá de 15:30 a 17:30 horas).
Requisitos mínimos para obter o diploma
Para obter o diploma hai que asistir ó 80% das horas do curso e deberase conseguir, unha puntuación media global igual ou superior a 5 (sobre un máximo de 10) e realizar o 100% das actividades propostas. Para o cálculo tanto da cualificación como das actividades realizadas terase en conta a valoración ponderada dos seguintes recursos:
- Test do curso: realizarase un por módulo (11 módulos en total). As preguntas para realizar son de tipo test podendo ser dunha única opción ou de resposta múltiple. Deberase aprobar todos os módulos.
- Avaliación final: os participantes que non superen algunha das avaliacións modulares deben realizar unha Avaliación Final e superala cunha puntuación media igual ou superior a 5 (sobre un máximo de 10).
- Tarefas individuais e en grupo: as tarefas da primeira parte hai que realizalas individualmente e as do resto de partes efectuaranse en grupos reducidos.