Información importante sobre cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continuas navegando, consideramos que aceptas su uso. OK | Más información

900 11 21 21

L-J 8:00 - 15:00
V 9:00 - 15:00

Ampliamos prazo de inscrición no curso de Coordinador/a en materia de seguridade e saúde nas obras de construción que se imparte en Santiago

A formación, cofinanciada pola Xunta de Galicia, atrasa o seu inicio ata o 3 de setembro.

 

Dirixida a demandantes de emprego, ocupados de réximen xeral e autónomos que dispoñan dalgunha das seguintes titulacións: arquitecto, arquitecto técnico, enxeñeiro ou enxeñeiro técnico.

Noticia Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

O Centro de Formación de Santiago de Compostela da Fundación Laboral da Construción de Galicia amplía o prazo de inscrición do curso de Coordinador/a en materia de seguridade e saúde nas obras de construción que apraza o seu inicio ata o 3 de setembro.

O curso, cofinanciado pola Xunta de Galicia, ten unha duración de 200 horas e está dirixido a aquelas persoas que desexen adquirir os coñecementos en materia de prevención de riscos laborais necesarios para exercer o posto de Coordinador en materia de seguridade e saúde.

Poden inscribirse demandantes de emprego, ocupados de réximen xeral e autónomos que non teñen por que estar no convenio de construción e que dispoñan de titulación académica habilitante para o desempeño das funcións de Coordinador que serán as de arquitecto, arquitecto técnico, enxeñeiro ou enxeñeiro técnico.

Esta formación outorga os coñecementos sobre prevención de riscos laborais que é recomendable dispor para exercer as funcións que se lle asignan ao Coordinador en materia de seguridade e saúde tanto durante a elaboración do proxecto de obra, como durante a execución da mesma no Real Decreto 1627/1997, conforme ao programa de formación proposto na Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relativos ás obras de construción elaborada polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo

Ademáis, o curso permite aos alumnos que o superen inscribirse no Rexistro de Coordinadores da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 153/2008, do 24 de abril, polo que se crea o Rexistro de coordinadores e coordinadoras en materia de seguridade e saúde nas obras de construción (DOG núm. 145 do 29 de xullo de 2008).

Documentación necesaria para a inscrición no curso

Para inscribirse neste curso, é obrigatorio entregar no Centro de Formación de Santiago de Compostela da Fundación Laboral da Construción (Rúa Pontepedriña de Arriba, 13 (zona Romaño) ou enviar por email a Rosa Calvo (rcalvo@fundacionlaboral.org) a seguinte documentación:

  • Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  • Fotocopia do D.N.I do alumno.
  • Fotocopia compulsada da titulación académica habilitante para o desempeño das funcións de Coordinador que serán as de arquitecto, arquitecto técnico, enxeñeiro ou enxeñeiro técnico.

Datas e horarios do curso

O curso celebrarase do 03 de setembro ao 20 de novembro de 2020 os xoves e venres en horario de 15:30 a 21:30 horas e os sábados, de 08:30 a 14:30 horas (agás o 20 de novembro que se impartirá de 15:30 a 17:30 horas). 

Requisitos mínimos para obter o diploma

Para obter o diploma hai que asistir ó 80% das horas do curso e deberase conseguir, unha puntuación media global igual ou superior a 5 (sobre un máximo de 10) e realizar o 100% das actividades propostas. Para o cálculo tanto da cualificación como das actividades realizadas terase en conta a valoración ponderada dos seguintes recursos:

  • Test do curso: realizarase un por módulo (11 módulos en total). As preguntas para realizar son de tipo test podendo ser dunha única opción ou de resposta múltiple. Deberase aprobar todos os módulos.
  • Avaliación final: os participantes que non superen algunha das avaliacións modulares deben realizar unha Avaliación Final e superala cunha puntuación media igual ou superior a 5 (sobre un máximo de 10).
  • Tarefas individuais e en grupo: as tarefas da primeira parte hai que realizalas individualmente e as do resto de partes efectuaranse en grupos reducidos.

 

Podes descargar aquí a Ficha de inscrición para o curso.
Para máis información, contacta con Rosa Calvo por email: rcalvo@fundacionlaboral.org ou por teléfono: 981983536

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la cláusula de protección de datos del Boletín

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ