900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Máis de 1.000 estudantes de 16 centros educativos de Galicia participan na edición 2023 da Campaña 'Seguridade e Saúde + Cerca da Escola'

Concienciar ao alumnado sobre a importancia da Seguridade e da Saúde é o obxectivo desta actividade que se desenvolveu ao longo de 50 sesións en colexios e institutos da comunidade galega, durante os meses de outubro e novembro do ano pasado.

Noticia Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

Un total de 1.068 estudantes de 16 centros educativos (colexios e institutos) de toda Galicia participaron na edición 2023 da Campaña 'Seguridade e Saúde + Cerca da Escola', organizada pola Fundación Laboral de la Construcción en Galicia.

O obxectivo desta campaña é concienciar e sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da Seguridade e a Saúde, establecendo similitudes entre os riscos que poidamos atopar no sector da construción e os riscos domésticos aos que poden estar expostos.

Durante os meses de outubro e novembro de 2023 desenvolvéronse 50 sesións en 16 centros educativos de toda Galicia: o IES Fernando Wirtz de A Coruña, o colexio Hijas de Cristo Rey de Oleiros (A Coruña), o IES Campo de San Alberto de Noia (A Coruña), o IES de Ames (A Coruña), o CIFP Porta da Auga de Ribadeo (Lugo), o CIFP Politécnico de Lugo, o IES Manuel Chamoso Lamas de Carballiño (Ourense), o IES Johan Carballeira de Bueu (Pontevedra), o CEIFP A Xunqueira de Pontevedra, o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces (Pontevedra), o IES Chan do Monte de Marín (Pontevedra), o IES Escola Proval de Nigrán (Pontevedra), o IES Ribeira Do Louro de O Porriño (Pontevedra), o CPR San Fermín de Caldas de Reis (Pontevedra), o CIFP Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e o IES Pintor Colmeiro de Silleda (Pontevedra). 

Exemplos prácticos sobre os principais riscos e a súa prevención

Durante a actividade, o alumnado puido familiarizarse coas obras de construción, coñecendo os riscos máis habituais da industria e das técnicas de prevención, tales como medidas organizativas, medios de protección colectiva e Equipos de Protección Individual (EPIs) a través de exemplos prácticos que requeriron a súa participación activa e dun kit de sensibilización.

A Campaña 'Seguridade e Saúde + Cerca da Escola' forma parte das actividades realizadas polo Organismo Paritario para la Prevención en la Construcción (OPPC), creado para prestar apoio en materia preventiva ás pequenas e medianas empresas do sector e enmarcado no Convenio Xeral do Sector da Construción, ao igual que a Fundación Laboral de la Construcción, con quen comparte os ámbitos territoriais, funcionais e de actuación.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ