Avances do Programa Integrado de Emprego
Construíndo Emprego: proporciona formación e asesoramento na busca de emprego
Dende que en novembro do 2018 dera comezo o Programa Integrado de Emprego nos centros de Galicia, acadáronse una estupendos resultados. Destacando o alto índice de persoas que xa están traballando no centro de Vigo.
O programa conta cá posibilidade de incorporar participantes ata o 14 de agosto, ocupando as baixas que se produzan en cada centro. Os usuarios do servizo (todos eles menores de 30 anos) reciben formación e asesoramento laboral, así como intermediación laboral que pon en contacto aos usuarios cás empresas da contorna necesitadas de persoal.
Formación
Os participantes contan con dous itinerarios deseñados para dar resposta ás principais necesidades das empresas da contorna:
Itinerario de Construción:
Comeza có módulo “Obras de Fábrica para Revestir” do certificado de profesionalidade “Operacións Auxiliares de Albanelería e Cubertas” e continua con formación complementaria como "Illamentos técnicos de interior ou exterior" e "Rehabilitación enerxética de cubertas".
Itinerario de Automatismos:
Que inclue o módulo de "Instalacións eléctricas automatizadas e instalacións de automatismos", do certificado de profesionalidade "Montaxe e Mantemento de Instalacións Eléctricas de Baixa Tensión".
Formación Transversal:
Ademais de estes itinerarios, os usuarios contan cá formación máis requirida polas empresas, como a de manexo de carretilla elevadora ou de plataforma elevadora móbil de persoal. Na área de seguridade e saúde laboral, os participantes recibirán o nivel básico de prevención en construción ou a formación de oficio de segundo ciclo.
Accede dende aquí á información completa do programa
________________________________
A presente convocatoria correspóndese ca ORDE do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se convocan para o ano 2018. (Enlace á Convocatoria)