900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción reúnese coa Xunta de Galicia para abordar os retos da industria da construción

O presidente do Consello Territorial de Galicia de Fundación Laboral de la Construcción, Diego Vázquez Reino, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, asinaron un protocolo de colaboración dirixido a formar a persoas traballadoras na restauración de edificios patrimoniais.

Noticia Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción celebrou hoxe unha xornada de traballo coa Xunta de Galicia na que se mantivo unha reunión con representantes da industria. Entre os principais retos, abordáronse as posibles vías de colaboración para afrontar a incidencia da inflación na execución das obras públicas e a falta de persoal cualificado no sector, así como as posibles liñas de actuación para solventalo.  

O presidente do Consello Territorial de Galicia de Fundación Laboral de la Construcción, Diego Vázquez Reino, destacou a “cohesión e preparación” da industria da construción para asumir o reto “fundamental” que supoñen os fondos Next Generation EU.  

En declaracións aos medios, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recalcou o apoio da Administración á industria que “afronta un presente complexo pola alza de custos” nun contexto inflacionista. “Hai que seguir mirando a un futuro con máis calidade e formación”, salientou. Rueda incidiu na “importancia do sector da construción” que representa “un símbolo da potencia económica de Galicia” xa que, segundo lembrou, emprega a 80.000 persoas e supón o 10% do total de empresas da Comunidade. 

Neste sentido, Rueda considerou “fundamental” a formación de persoas traballadoras para paliar a “falta de man de obra” en construción. “ A FP dual e a formación especializada son un bo camiño para conseguir que haxa máis man de obra”, considerou.  

Na xuntanza co presidente da Xunta de Galicia tamén participaron os vicepresidentes do Consello Territorial (CT) de Galicia de Fundación Laboral de la Construcción (FLC): Alejandra Gesto Montes (secretaria xeral de CCOO do Hábitat de Galicia) e Javier Carreiro Vázquez (secretario xeral de UGT-FICA Galicia) xunto co secretario do CT de Galicia de FLC, José Bouso Alvite (presidente de Asociación de Empresarios da Construción de Lugo) e os vocais do CT de Galicia de FLC: Santiago Ferreiro Pérez (Presidente da Asociación de Empresarios da Construción de Ourense), Miguel Caruncho Campanario (presidente da Asociación de Construtores de Pontevedra), Mª Luisa Martínez Arias (presidenta da Cámara de Contratistas), Luis Rodas García (Secretario de Organización, Acción Sindical e Negociación Colectiva de CCOO do Hábitat Galicia) e Ángeles González González, (secretaria de administración de UGT-FICA Galicia). 

Protocolo de colaboración para formar en coidado e mantemento do patrimonio 

Ademais, asinouse un protocolo de colaboración coa Xunta de Galicia e coa Fundación Catedral de Santiago para desenvolver un proxecto formativo dirixido ao coidado e mantemento do patrimonio, que supón a creación da figura de “coidador/a de edificios patrimonais”. Dito convenio foi asinado hoxe polo presidente do Consello Territorial de Galicia de Fundación Laboral de la Construcción, Diego Vázquez Reino, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda e o director xeral da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo. 

Dirixida a xente nova, esta nova especialidade ten como obxectivo “dotar aos distintos axentes de protección do patrimonio cultural de profesionais capacitados para asegurar a restauración continuada dos distintos edificios patrimoniais que son obxecto de actuacións de restauración integral.” O proxecto inclúe unha formación para 12 persoas traballadoras durante dous anos na Fundación Laboral de la Construcción e na Fundación Catedral de Santiago.   

O director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, agradeceu a colaboración da Fundación Laboral de la Construción para chegar ao convenio asinado hoxe, un proxecto “importante para o patrimonio de Galicia” e que permitirá crear “o oficio de coidador de edificios patrimoniais” para dotar ás persoas traballadoras que se formen nesta especialización dunha visión “complexa” á hora de intervir en proxectos de coidado do patrimonio máis específicos.  

O acto, ao que tamén asistiron a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, incluíu a visita ás instalacións da sede en Santiago de Compostela do Consello Territorial da Fundación Laboral de la Construcción, o primeiro Centro en España destinado de xeito específico á formación especializada e á reciclaxe laboral de persoas traballadoras e empresas da construción, na área da rehabilitación. 

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ