A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia lanza máis de 1.000 prazas de formación para mellorar a cualificación en oficios do sector
A entidade paritaria vai a impartir nos seus seis Centros de Galicia 16 accións formativas, de carácter non formal, financiadas pola Unión Europea-Next GenerationEU, e promovidas pola Xunta de Galicia a través dun convenio de colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.
A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia vai a executar, mediante un convenio de colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, un total de 16 accións formativas, de carácter non formal, que ten por obxectivo a “cualificación e recualificación da poboación activa no sector da construción, que se axusten ás necesidades máis inmediatas da formación do capital humano das empresas do ramo e permitan a actualización das competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e empresarial do sector”.
Dirixidas a persoas traballadoras en activo do sector da construción e/ou desempregados/as coa tarxeta de demanda de emprego en vigor, a entidade paritaria ofrece máis de 1.000 prazas para participar nestas accións formativas, financiadas pola Unión Europea-Next GenerationEU, e promovidas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.
Estas accións formativas, de carácter non formal, están vinculadas a cualificacións profesionais incluídas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
Formación en maquinaria, oficios e prevención de riscos
As 16 accións formativas, para as que xa está aberta a inscrición, son as seguintes:
Consulta as accións formativas e solicita máis información na web de cursosenconstruccion.com ou ponte en contacto directamente cos Centros de Formación de Fundación Laboral en Galicia: