A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia ofrece 520 prazas de formación subvencionada dirixida a persoas desempregadas
Xa está aberta a inscripción para 39 cursos gratuítos para a convocatoria 2023-2024, financiados pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia acaba de lanzar 520 prazas de formación subvencionada e 39 cursos gratuítos, dirixidos a persoas desempregadas nos seus Centros de Arteixo, Narón, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo.
A formación inclúese na Orde de 11 de maio de 2023 publicada no DOG pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2023-2025 cuxa primeira convocatoria se realizou para os exercicios 2023-2024 (código de procedemento TR301K), convocada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Entre os cursos ofertados, figura a formación máis demandada do sector da construción, como Soldadura, Fábricas de Albanelería, Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas, Traballos de carpintería ou Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción.
As prazas son limitadas. A continuación, figura a información sobre cada curso e os centros que os imparten:
- Fábricas de albanelería. Centros de Arteixo, Santiago e Lugo.
- Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas. Centros de Arteixo e Santiago (duas edicións).
- Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión. Centros de Narón e Santiago.
- Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas. Centros de Arteixo, Santiago, Lugo, Vilamarín (Ourense) e Vigo.
- Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción. Centros de Santiago (dúas edicións), Arteixo (dúas edicións), Lugo e Vigo (dúas edicións).
- Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas. Centro de Lugo.
- Operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios. Centro de Lugo.
- Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización. Centro de Vigo.
- Operacións de fontanería e calefacción - climatización doméstica. Centros de Lugo e Vilamarín (Ourense).
- Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG. Centros de Arteixo, Narón (dúas edicións), Santiago (dúas edicións) e Vilamarín (Ourense, dúas edicións).
- Soldadura con electrodo revestido e TIG. Centros de Narón, Santiago e Lugo.
- Traballos de carpintería e moble. Centro de Lugo.
- Xestión ambiental. Centro de Narón.
Accións formativas impartidas pola Fundación Laboral de la Construcción de Galicia e financiadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional.