100 persoas desempregadas participarán no novo Programa Integrado de Emprego de Galicia de Fundación Laboral de la Construcción 2024/25
A formación a desenvolver durante o programa terá relación co sector da construción, unha industria con gran expansión e alta demanda de man de obra en Galicia e nas comarcas de Arteixo, Santiago de Compostela e Vigo.
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vén de concederlle á Fundación Laboral de la Construcción a posta en marcha dun Programa Integrado de Emprego de Galicia, que conta co financiamento da Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE).
As actividades realizaranse nos Centros que a Fundación Laboral de la Construcción ten nos concellos de Arteixo, Santiago de Compostela e Vigo.
Concretamente, búscase incorporar persoas desempregadas dos seguintes colectivos:
- Menores de 30 anos desempregadas con baixa cualificación: 50 prazas.
- Menores de 30 anos desempregadas cualificadas: 20 prazas.
- Perceptores de prestacións: 20 prazas.
- Inmigrantes: 10 prazas.
A formación a desenvolver durante o programa estará baseada no Catálogo de Especialidades Formativas do SEPE e terá relación co sector da construción, una industria de gran expansión e con alta demanda de persoas traballadoras en Galicia e nas comarcas de Arteixo, Santiago de Compostela e Vigo.
Un exemplo da formación a impartir é:
- Montaxe de estadas apoiadas.
- Execución de paredes de ladrillo con revestimentos de placa de xeso.
- Colocador de revestimentos continuos en fachadas: morteiros monocapa e sistemas bicapa.
- Colocador de Sistemas de Illamento Térmico polo Exterior (SATE).
- Nivel básico de prevención en construción.
- Prevención de Riscos Laborais de Albanelería.
- Prevención en traballos en altura.
- Operacións con Plataformas Elevadoras Móbiles de Persoal (PEMP). Categorías 3A e 3B.
- Formigón para non técnicos
Bolsas e medidas de conciliación
Ademais cada participante terá á súa disposición un servizo de orientación laboral e realizaranse accións de prospección de emprego e intermediación con empresas.
Como apoio e favorecer a asistencia a accións, dispoñerase dunha bolsa de asistencia de 10€/día e medidas de conciliación.
Un 55% de inserción na última edición
A finalidade deste tipo de programas é contribuír á dinamización do mercado laboral, implementando estratexias e accións conducentes a incrementar a empregabilidade e acadar a inserción laboral das persoas en busca activa de emprego. O obxectivo de inserción é do 45%.
Na pasada edición realizáronse máis de 850 horas de Formación do Catálogo de Especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal non vinculada a certificados de profesionalidade e un 55% das persoas participantes acadaron a inserción (segundo os últimos datos de setembro de 2024).
Para inscribirse, pode contactar no teléfono 981 98 35 46, no correo electrónico dvazquez@fundacionlaboral.org deixando datos de contacto e localidade de residencia ou ben a través do seguinte formulario web.