900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Formación Gratuíta: Operacións Auxiliares de Albanelería de Fábricas e Cubertas

Grazas a esta formación o alumnado obterá coñecementos de aplicación directa no posto de traballo

Nova Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A formación levarase a cabo no centro da Fundación Laboral de la Construcción de Ourense e permitirá que ata 15 alumnos obteñan valiosos coñecementos que lles permitan mellorar a súa empregabilidade.

As datas de impartición da formación irán do 30 de xaneiro ata o 25 de maio do 2018, en horario de 16:30  a 21:30. Durante o curso, o alumnado recibirá todo o material preciso para a formación: manuais, material didáctico Roupa de traballo, grazas a isto, poderán acudir ás prácticas en empresas cá equipación precisa para desempeñar a súa labor.

A formación combina a formación teórica na aula, cá formación práctica no obradoiro, no que desenvolven as tarefas propias do oficio. Rematada a formación, aqueles que superen os módulos do curso, poderán facer prácticas non laborais nas empresas da contorna.

Consulta neste enlace os datos completos do curso

 

Formación impartida ao abeiro da ORDE do 22 de maio de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas novas inscritas no Ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para os exercicios de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301U).
Enmarcada no obxectivo temático 8 do Regulamento da UE: Promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a movilidade laboral, na prioridade de investimento (8.2) (Reforzar a integración sustentable no mercado de traballo das persoas novas, en particular daquelas sen traballo e non integradas nos sistemas de educación ou formación, así coma das persoas novas que corran riscos de sufrir exclusión social e das procedentes de comunidades marxinais, tamén a través da aplicación da garantía xuvenil). Obxectivo específico 8.2.2 (Reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas novas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación) para a mellora da empregabilidade.

Subscríbete de balde ao noso boletín semanal de novas.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para non volver a recibir o boletín, podes darte de baixa aquí