900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción oferta 1.490 prazas de formación en Galicia para mellorar a cualificación profesional do sector

A entidade paritaria impartirá nos seus seis Centros de Galicia 45 accións formativas, de carácter non formal, financiadas pola Unión Europea-Next GenerationEU, e promovidas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España

Nova Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

Fundación Laboral de la Construcción de Galicia acaba de asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a realización de 45 accións formativas, de carácter non formal, que ten por obxectivo a “cualificación e recualificación da poboación activa no sector da construción que se axusten ás necesidades máis inmediatas de formación do capital humano das empresas que integran o sector e que permita a actualización das competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e empresarial da construción”.

Dirixidas a traballadores/as en activo do sector da construción e/ou desempregados/as coa tarxeta de demanda de emprego en vigor, a entidade paritaria ofrece máis de 1.490 prazas para participar nestas accións formativas, financiadas pola Unión Europea-Next GenerationEU, e promovidas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. 

Estas accións formativas, de carácter non formal, están vinculadas a cualificacións profesionais incluídas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

45 accións formativas en construción

As 45 accións formativas, para as que xa está aberta a inscrición, son as seguintes:

Aplicación práctica de BIM en proxectos de edificación con Revit. Centro de Vigo (abril-maio)
BIM aplicado. Modelos sinxelos para a licitación con Revit. Teleformación (marzo)
Carretillas elevadoras de mástil con carga en voladizo (Tipo 4) e de alcance variable ou brazo telescópico (Tipo 5) ata 10.000 Kg. Iniciación. Centros de Vigo (febreiro), Santiago e Arteixo (marzo) e Narón (setembro). 
Colocación de fachadas ventiladas. Centros de Vigo e Santiago (marzo). 
Colocación de paneis de material illante polo exterior en SATE, fachadas ventiladas e cubertas. Centros de Lugo e Santiago (febreiro) e Narón (maio-xuño). 
Colocación de paneis de material illante polo interior en trasdosados, teitos e chan. Centros de Lugo e de Santiago (marzo).
Encargado/a de obra. Centro de Vigo (febreiro-marzo, marzo, abril-maio, maio, xuño, xullo, setembro e setembro-outubro).
Impermeabilización con membranas bituminosas en cubertas. Centro de Vigo (febreiro-marzo).
Instalación de falsos teitos continuos de placa de xeso laminado. Centro de Arteixo (abril).
Instalación de tabiques autoportantes planos de placa de xeso laminado. Centro de Arteixo (marzo-abril).
Instalación de trasdosados semidirectos de placa de xeso laminado. Centros de Santiago (febreiro), Arteixo (febreiro-marzo) e Vigo (xuño).
Maquetación de edificios utilizando tecnoloxía aditiva na construción 4.0. Centro de Vigo (maio).
Modelado 3D de edificios utilizando tecnoloxías inmersivas e de realidade aumentada para a construción 4.0. Centro de Santiago (marzo).
Modelado básico de BIM en proxectos de edificación con Revit. Centro de Vigo (marzo).
Montaxe de estadas apoiadas. Centros de Vigo (febreiro), Arteixo (marzo-abril) e Lugo (abril).
Nivel básico de prevención de riscos laborais en construción. Centros de Arteixo (febreiro-marzo e abril-maio), Narón (marzo, maio e setembro), Santiago (febreiro-marzo), Vigo (febreiro e marzo), Lugo (febreiro-marzo) e Ourense (febreiro-marzo).
Operacións con minidumper, minicargadora e rolo compactador ata 3000 kg de placa de xeso laminado. Centro de Vigo (marzo-abril).
Operacións de guindastre autocargante. Iniciación e Perfeccionamento. Centro de Vigo (marzo-abril e abril)
Operacións de máquina retrocargadora. Iniciación e Perfeccionamento. Centro de Santiago (febreiro-marzo e marzo)
Operacións de minicargadora-miniescavadora. Centros de Ourense (marzo) e Santiago (marzo-abril).
Operador de guindastre-torre. Centro de Arteixo (xaneiro-febreiro, febreiro-marzo, marzo-abril e abril) e Vigo (febreiro, marzo, marzo-abril e abril-maio).
Operador de motoniveladora. Centro de Arteixo (abril).
Operador de PEMP. Centros de Ourense (febreiro), Vigo (febreiro-marzo), Arteixo (abril)  e Narón (setembro-outubro).
Presupostos, medicións e certificacións con Presto. Centro de Vigo (febreiro-marzo).
Prevención de riscos derivados das condicións de seguridade. Centros de Ourense (febreiro),Arteixo (marzo), Lugo (marzo-abril), Vigo (abril) e Santiago (abril). 
Prevención de riscos laborais para traballos de edificación. Centros de Santiago (marzo),Vigo (marzo), Lugo (marzo e abril) e Narón (abril e xullo). 
Prevención de riscos laborais para traballos de obra civil. Centros de Arteixo (febreiro-marzo),Ourense (marzo), Vigo (marzo-abril), Santiago (abril) e Narón (maio e outubro). 
Procedementos e técnicas de acceso e posicionamento mediante cordas (traballos verticais). Nivel I e Nivel II. Centros de Arteixo (febreiro e febreiro-marzo), Vigo (marzo e abril) e Lugo (marzo-abril).
Rehabilitación enerxética de edificios con Cype e BIMServer.center. Teleformación (abril-maio).
Soldadura para o mantemento. Centros de Vigo (marzo) e Santiago (abril).
Traballos con exposición a amianto. Centros de Narón (febreiro) e Vigo (marzo).
Tratamento de xuntas entre placas de xeso laminado. Centros de Santiago (febreiro-marzo), Arteixo (marzo) e Vigo (xuño-xullo). 

 

Consulta as accións formativas na web de cursosenconstruccion.com/cursos-subvencionados/galicia

 

Inscríbete a través do noso formulario web ou ponte en contacto directamente cos Centros de Formación:
Centro de Arteixo: mar.paz@fundacionlaboral.org / bfente@fundacionlaboral.org / 981 995 097 
Centro de Narón: lcaneiro@fundacionlaboral.org / aperez@fundacionlaboral.org / 981 980 630 ou 981 980 631
Centro de Lugo: bfernandez@fundacionlaboral.org / 982 750 038 
Centro de Santiago: rcalvo@fundacionlaboral.org / 981 983 536 
Centro de Vigo: pvasconcellos@fundacionlaboral.org / mgracia@fundacionlaboral.org / 986 980 427 ou 986 980 424
Centro de Vilamarín: cvazquez@fundacionlaboral.org / 988 750 707 

 

Subscríbete de balde ao noso boletín semanal de novas.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para non volver a recibir o boletín, podes darte de baixa aquí