900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Servizo integral de prospección de empresas coa contratación de dúas traballadoras durante 7 meses Financiado polo Fondo Social Europeo

O servizo, dará resposta ás necesidades das empresas en materia de emprego

Nova Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción foi beneficiaria dun programa de Cooperación da Xunta de Galicia para a prestación dun Servizo Integral de Prospección de Empresas.

O devandito programa permitirá que dúas traballadoras presten os seus servizos nos centros da Fundación Laboral de Arteixo e Santiago de Compostela. A incorporación destas traballadoras produciuse no mes de decembro, continuando durante 7 meses, ata xuño do 2018.

O servizo de prospección contempla varias fases, que permiten acercarnos ás necesidades das empresas da contorna e dinamizar o tecido empresarial. O servizo xira en torno aos servizos da Fundación Laboral: emprego, formación, orientación e asesoramento en materia de seguridade e saúde.

Fase inicial, de coñecemento. Tras unha toma de contacto cás empresas, segméntase o mercado en grupos homoxéneos en función do seu tamaño, sector e localización.
Tendo en conta esta segmentación, pasamos á segunda fase, de contacto. A labor das compañeiras, pasa por presentarse a si mesmas e o servizo, para  solicitar unha entrevista persoal na que obter unha información máis completa, que posibilite a presentación dun servizo personalizado.
Terceira fase, de reunión e  colaboración. Cá información obtida na fase anterior, propónselle á empresa unha colaboración que parta dos servizos ofrecidos pola Fundación Laboral. As prospectoras deberán realizar unha análise das necesidades da empresa, para adecuar os servizos dispoñibles ás percibidas.
A fase seguinte, de intermediación, plásmase nun convenio de colaboración entre a empresa e a Fundación Laboral. Nel, indícanse que servizos  serán ofrecidos pola Fundación e como colaborará a empresa: canles de comunicación, procesos, tempos,… 
O proceso remata cá quinta fase, de fidelización, na que se fomenta o contacto e o compromiso de colaboración.

As empresas da contorna poden beneficiarse de este servizo, para o que poden poñerse en contacto cos centros da Fundación Laboral.

________________________________

A presente convocatoria correspóndese ca ORDE do 18  de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017. (Enlace á Convocatoria)

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

Subscríbete de balde ao noso boletín semanal de novas.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para non volver a recibir o boletín, podes darte de baixa aquí