900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia ofrece 750 prazas de formación subvencionada dirixida a persoas desempregadas

Xa está aberta a inscripción para 50 cursos gratuítos para o período 2022-2023, financiados pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. 

Nova Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

Fundación Laboral de la Construcción de Galicia acaba de lanzar 750 prazas de formación subvencionada e 50 cursos gratuítos, dirixidos a persoas desempregadas nos seus Centros de Arteixo, Narón, Santiago de Compostela, LugoOurenseVigo.

A formación inclúese na Orde de 16 de abril de 2021 publicada no DOG pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023 cuxa primeira convocatoria se realizou para os exercicios 2021 e 2022 (prodecemento TR301K), convocada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Entre os cursos ofertados, figura a formación máis demandada do sector da construción, como Soldadura, Encofrados, Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas ou Desenvolvemento de proxectos de infraestructuras de telecomunicacións e de redes de voz de datos.

As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscripción. A continuación, figura a información sobre cada curso e os datos de contacto para inscripción:

Desenvolvemento de proxectos de infraestructuras de telecomunicacións e de redes de voz de datos no entorno de edificios. Santiago (09-02-2023-06/07/2023 en horario de 09.00 a 14.00 horas). 
Deseño de caldeiraría e estruturas metálicas. Narón (30/03/2023-15/09/2023 en horario de 08.30 a 14.30 horas)
Deseño de tubaxe industrial. Narón (10/11/2022-04/04/2023 en horario de 15.30 a 20.30 horas).
Encofrados. Vigo (03/04/2023-27/09/2023 en horario de 09.00 a 14.00 horas). 
Fábricas de albanelería. Arteixo (26/04/2023-28/09/2023 en horario de 09.00 a 14.00 horas).
Instalacións de placas de xeso laminado e falsos teitos. Vigo (19/12/2022-30/05/2023 en horario de 09.00 a 14.00 horas).
Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas. Santiago (1ª edición 23/11/2022-28/04/2023 e 2ª edición 18/04/2023-20/09/2023, ambas en horario de 08.30 a 14.30 horas); Arteixo (1ª edición 17/11/22-25/04/23 e 2ª edición 26/04/23-25/09/23, ambas en horario de 08.30 a 14.30 horas); Lugo (20/12/2022-23/05/2023 en horario de 08.15 a 14.15 horas) e Vigo (15/12/2022-13/06/2023 en horario de 15.00 a 20.00 horas).
Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas. Vigo (13/04/2023-28/09/2023 en horario de 08.30 a 13.30 horas)
Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios. Lugo (24/04/2023-11/09/2023 en horario de 09.15 a 14.15 horas).
Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión. Narón (14/11/2022-14/09/2023 en horario de 09.00 a 14.00 horas).
Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas. Lugo (24/05/2023-18/09/2023 en horario de 08.15 a 14.15 horas).
Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas. Vigo (05/06/2023-26/09/2023 en horario de 09.00 a 14.00 horas)
Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción. Narón (23/11/22-25/04/23 en horario de mañá, de 08.45 a 13.45 horas ou en horario de tarde de 16.30 a 21.30 horas)
Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas. Lugo (16/01/2023-03/04/2023 en horario de 15.15 a 20.15 horas)
Operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios. Lugo (15/11/2022-27/03/2023 en horario de 09.15 a 14.15 horas)
Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización. Vigo (28/11/2022-31/03/2023 en horario de 09.00 a 14.00 horas)
Pintura industrial en construción. Lugo (14/02/2023-11/07/2023 en horario de 08.45 a 14.45 horas)
Revestimentos con pastas e morteiros en construción. Ourense (19/04/2023-30/09/2023 en horario de 08.30 a 14.30 horas)
Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia e construción. Ourense (29/11/2022-08/06/2023 en horario de 08.30 a 14.30 horas)
Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG. Santiago de Compostela (1º edición de 21/11/2022 a 18/04/2023 e 2ª edición de 19/04/2023 a 13/09/2023, ambas en horario de 08.30 a 15.30 horas); Ourense (10/04/2023-20/09/2023 en horario de 08.30 a 14.30 horas); Narón (1º edición de 21/11/2022-10/05/2023 e 2º edición de 18/04/2023-26/09/2023, ambas en horario de 08.30 a 14.30 horas); Arteixo (14/04/23-26/09/23 en horario de 08.30 a 14.30 horas); Lugo (02/05/2023-18/09/2023 en horario de 08.15 a 15.15 horas).
Soldadura con electrodo revestido e TIG. Santiago de Compostela (01/02/2023-14/09/2023 en horario de 15.30 a 20.30 horas); Ourense (28/11/2022-07/06/2023 en horario de 08.30 a 14.30 horas); Narón (23/11/2022-05/07/2023 en horario de 16.00 a 21.00 horas); Arteixo (22/11/22-01/09/23 en horario de 16.00 a 20.00 horas).
Xestión ambiental. Narón (11/11/2022-11/04/2023 en horario de 15.30 a 20.30 horas)

 

Se estás interesado/a nalgún dos cursos, déixanos os teus datos aquí e contactarémoste.

 

Accións formativas impartidas pola Fundación Laboral de la Construcción de Galicia e financiadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional no marco do Xacobeo 21-22.

Subscríbete de balde ao noso boletín semanal de novas.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para non volver a recibir o boletín, podes darte de baixa aquí