900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de la Construcción asina o convenio de colaboración do programa 'RenÓbrate' co Consorcio e co Concello de Santiago

A iniciativa, impulsada xunto coa Xunta de Gallicia, formará 20 persoas desempregadas no oficio da cantería aplicada á rehabilitación do patrimonio construído e permitirá realizar actuacións de mantemento e recuperación de elementos tradicionais en distintos puntos da cidade.

Albistea Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral da Construción de Galicia acaba de asinar un convenio de colaboración co Concello de Santiago e co Consorcio para desenvolver no municipio o proxecto territorial do programa experiencial de formación e emprego RenÓbrate, impulsado xunto coa Xunta de Galicia. O acordo foi asinado polo xerente do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral da Construción, Fernando García Novo; a alcaldesa de Santiago e presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín Rei; e o xerente do Consorcio de Santiago, José Antonio Domínguez Varela.

O programa, cunha duración de nove meses, está dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. No caso de Santiago de Compostela, a iniciativa contempla a formación de 20 participantes no oficio da cantería, vinculado á restauración e rehabilitación do patrimonio. As persoas participantes están contratadas pola Fundación Laboral da Construción mediante contratos de formación en alternancia, que lles permitirán combinar a aprendizaxe teórica co traballo práctico.

O Consorcio de Santiago achegará 71.000 euros para financiar os materiais, a maquinaria e os medios auxiliares necesarios para desenvolver as actuacións que non estean cubertos polo financiamento principal do programa. Ademais, achegará o seu coñecemento técnico e experiencia na conservación do patrimonio da cidade e asumirá, cando proceda, a dirección facultativa das obras e a coordinación de seguridade e saúde.

Pola súa banda, o Concello de Santiago facilitará os espazos, as instalacións e os bens municipais necesarios para o desenvolvemento da formación e das prácticas profesionais, ademais de colaborar na tramitación das autorizacións que correspondan.

Catro actuacións para aprender a conservar o patrimonio

O proxecto inclúe catro actuacións prácticas en diferentes puntos do municipio, nas que o alumnado poderá adquirir e desenvolver as habilidades propias do oficio da cantería a través de traballos de mantemento, recuperación e rehabilitación.

Unha das intervencións desenvolverase no lavadoiro e no muro de cachotería de Pontepedriña de Arriba, nas proximidades do Centro de Formación e da sede da Fundación Laboral da Construción, situada na antiga fábrica de curtidos. Neste espazo, recentemente rehabilitado e catalogado no Plan Xeral de Ordenación Municipal, realizaranse tarefas de mantemento e pavimentación, que permitirán iniciar as prácticas do alumnado.

Outra das actuacións levarase a cabo na fonte e nos muros de cachotería da Selva Negra, un espazo no que se traballará sobre elementos de pequena entidade e muros deteriorados para afondar nas técnicas de execución e reparación da cachotería.

O programa contempla tamén a recuperación da pontella sobre o río Sarela, un elemento de enxeñaría tradicional que permitía cruzar o río e que presenta un importante deterioro. A intervención permitirá traballar na recuperación das grandes laxas de pedra que conforman esta construción e contribuír á conservación deste elemento da paisaxe tradicional compostelá.

A cuarta actuación centrarase no lavadoiro de Cornes, un dos máis grandes e significativos dos existentes en Santiago de Compostela. Ademais dos traballos propios da cantería, o alumnado recibirá formación práctica relacionada coa rehabilitación de cubertas. Neste caso, o Consorcio de Santiago achegará os materiais necesarios para acometer a intervención na cuberta.

O obxectivo final, a inserción laboral

Estas actuacións permitirán que as persoas participantes se formen nun contexto real de traballo, aplicando os coñecementos adquiridos á conservación de elementos tradicionais e ao mantemento do patrimonio construído.

O obxectivo final de 'RenÓbrate' é que o 60% do alumnado participante formalice, no prazo máximo de dous meses dende o remate do programa, un contrato de traballo durante un mínimo de 3 meses a xornada completa en empresas do sector relacionadas coas materias impartidas e ó ámbito territorial de Galicia. 

 

Harpidetu dohainik gure astekarian .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Boletin hau berrio ez jasotzeko, HEMEN sakatu